.
Domingo, 05 Decembro 2021 14:21

ESPECTÁCULO MUSICAL: "TRANVÍA DE NADAL"

ESPECTÁCULO MUSICAL: "TRANVÍA DE NADAL"
 
  • Espectáculo musical de 55 min para cativos de máis de 3 anos e adultos
  • Día: Luns 27 de decembro 2021
  • Hora: 12:00 hrs.
  • Lugar: Salón de Plenos do Concello
  • Entrada de balde e sen reserva ata cubrir o aforo que é limitado.
  • Protocolo Covid
SINOPSE: No País do Vento, o Tren do Ano é longo e nunca para. Pasa por 4 estacións, 12 meses, 52 semanas, 365 días... moito traballo para un só tren! O que ninguén sabe é que o Tren do Ano colle vacacións: en decembro, descansa. No seu lugar, polas vías da vida troupelea un tranvía, pequecho, brillante, especial, cheíño de sorpresas e agasallos. É un tranvía que vai vestido de festa: o Tranvía Nadal. Cando pasa, o sol queda quieto no ceo. Non é de estrañar. Ese tranvía garda tantas marabillas que ata o sol devece por descubrilas. No Tranvía Nadal conviven mitos e contos de distintas culturas: historias sobre o ceo e a natureza, sobre o lendario Papa Noel e as festas que traen a luz nos días máis fríos e escuros, sobre banquetes entre xente querida e a maxia de espertar á primavera... Ademais, no chucutrán, chucutrán chucuTranvía Nadal tamén hai bailes e música a manchea.
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas ESPECTÁCULO MUSICAL: "TRANVÍA DE NADAL"