Workshop de Muralismo con Cestola na Cachola na Fábrica da Luz (Parada de Sil)
O vindeiro 9 de Abril na Fábrica da Luz faremos unha intervención artística da man de Cestola na Cachola.
Un Workshop de Muralismo con xiz para darlle vida o noso espazo interior e ver as técnicas do debuxo na parede.
Será unha xornada que comenzará pola mañán a mans de Cestola na Cachola, explicando o concepto de muralismo e, neste caso, coa peculiaridade da pintura en xiz. Realizaránse os bosquexos entre tódolos participantes e á tardiña plasmaránse na parede especial para xiz.
Será unha obra de arte comunitaria que poderededes ver cada vez que entredes á A Fábrica da Luz.
Cestola na Cachola, da man do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, realizou nos derradeiros anos, en diferentes pontos da Ribeira Sacra, intervencións artísticas nas que se promove a muralización como valor engadido para o territorio, plasmando así a cultura local e as raíces de cada lugar nas súas obras.
O prezo da xornada será de 60€/participante.
+INFO e INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 679 060 509 · 679 827 573