Andrew Lawrence-King, arpa (Estonia)
Domingo, 1 de maio de 2022 ás 19:00 hrs. · AFORO LIMITADO
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil · Parada de Sil · Ourense
Prezo: 15,00€
Entradas á venta dende hoxe no Mosteiro de Sta. Cristina ou en: COMPRA ENTRADA CONCIERTO ANDREW LAWRENCE-KING
Andrew Lawrence-King é un dos intérpretes de música antiga máis respectados do mundo. Dirixiu óperas barrocas, oratorios e música de cámara en lugares míticos como A Scala de Milán, Opera House de Sidney, Casals Hall de Tokio, as Filarmónicas de Viena, Berlín e Moscova, Konzerthaus de Viena, o Palacio de Belas Artes de Ciudad de México e o Carnegie Hall de Nova York. En 2011 gañou o GRAMMY á Mellor Interpretación de Música de Cámara xunto a Jordi Savall.
En 1994 fundou The Harp Consort, grupo co que percorreu o mundo e co que tamén foi galardoado en numerosas ocasións polas súas interpretacións brillantes e os seus traballos discográficos.
A carreira de Andrew Lawrence-King empezou no coro da catedral de Guernsey. Foi bolseiro para estudar en Cambridge e despois no London Early Music Centre. Debutou no Royal Albert Hall de Londres cun concerto de arpa medieval nos Proms da BBC. En 1988 entrou en Hesperion XX de Jordi Savall e foi nomeado Catedrático de Arpa e Continuo na Akademie für Alte Musik de Bremen e na Escola Superior de Música de Catalunya. Tamén foi profesor na Sibelius Academy de Helsinqui e na Historical Harp Society de Irlanda.
O seu traballo de investigación e as súas gravacións con arpas celtas son ben coñecidos e respectados nos círculos de música tradicional. O seu 2 CD xunto a Jordi Savall titulados “ The Celtic Viol” bateron récords de vendas. Un dos seus CD co cantante Paul Hillier foi considerado por Elvis Costello “Disco do Ano” para a revista Rolling Stone.
Impartiu clases e realizou cursos na Schola Cantorum Basilensis, ESMUC Barcelona, Akademie fur Alte Musik Bremen, a Sibelius Academy & Metropolia de Helsinqui e as Universidades de Oxford, Cambridge, Yale, Sidney, Melbourne e Perth.
É Doutor Honoris Causa pola Universidade de Sheffield, catedrático de Arpa Antiga na Guildhall School of Music de Londres e profesor de Arpa e Continuo na Royal Danish Academy of Music de Copenhague. É ademais director invitado de Concerto Copenhagen e L’ Homme Armei Florence.