Parada de Sil presume de ser líder na provincia de Ourense en reciclaxe de cartón, vidro e envases por habitante en 2021, segundo datos facilitados pola Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Territorio.
O xerente de Ecoembes en Galicia, Fernando Blázquez asegura: “É un exemplo de municipio colaborador, cunha cidadanía moi implicada e que leva a recollida de envases alá onde se producen, xa sexa nos fogares ou nos bares e restaurantes”.
Os veciños de Parada de Sil reciclaron o ano pasado máis de 73 quilos de plástico, papel e botellas por habitante, moi por encima da media da provincia, que se situou en case 40 quilos. “Hai que ter en conta que se trata dunha localización turística e probablemente algún establecemento hostaleiro achega moito reciclaxe de vidro”, advirten fontes da consellería. De feito, este concello da comarca de Terra de Caldelas, lidera a lista de reciclaxe do contedor verde, seguido por Leiro e Xunqueira de Espadanedo.
Grazas a todos os residentes e visitantes de Parada de Sil que nos axudan a coidar a nosa contorna para seguir gozándoa por moitos anos máis!
Parada de Sil apostando pola sustentabilidade turística de Ribeira Sacra.