.
Venres, 11 Agosto 2017 00:00

CATRO CORAIS PARTICIPARÁN NA TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME CORAL AQUA MÚSICA DE PARADA DE SIL

Catro corais participarán o sábado día 19 de agosto a partires das 20,00 horas na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil no terceiro Certame Coral Aqua Música, organizado pola citada agrupación musical coa colaboración do concello de Parada de Sil, o consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Deputación de Ourense. Os grupos participantes serán a coral Cantarela de Riós, que interpretará a canción popular leonesa “Hermosa paloma”, a canción tradicional galega “¡Ay, carbonero!”, seguido de “La casa caída!” de R. de Boltaña e, por último, “Riós”, de E. Mateo.

A continuación actuará a Coral Polifónica de Beluso, con “Linda flor”, de F.A. Rey Rivero, “Nerea Izango Zen”, cantiga tradicional vasca armonizada por Javier Busto, “Day-O (The Banana boat song), de I. Burguie y W. Attaway, con arranxos de Alan Billingsley. En terceiro lugar cantará a Coral Cantemos Xuntos, de Noia, con programa que abre con “O principiño”, arranxada por Bea Porrúa e Lorena Varela, “Calipso”, peza tradicional caribeña, “María Soliña”, con arranxos de Esperanza Mara, e “Jambo”, cantiga tradicional africana.

Pechará o certame a Coral Polifónica Aqua Música, interpretando “Jardín de ensueño”, de Rey Rivero, “Gallarda de Escocia”, canción popular, arranxada por Manuel de Dios, “Cantarela”, de Prieto Marcos, para pechar con “A cinta de namorare” de Antonio Jaunsarás.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas CATRO CORAIS PARTICIPARÁN NA TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME CORAL AQUA MÚSICA DE PARADA DE SIL