.
Mércores, 14 Febreiro 2018 05:41

ASAMBLEA VECIÑAL ABERTA SOBRE A XESTIÓN DA CASTAÑA

O próximo día 17 de febreiro terá lugar no salón de plenos do concello de Parada de Sil unha asamblea veciñal aberta  para tratar sobre as posibilidades que ofrece a castaña e que leva por título “¿Cómo xestionamos os nosos soutos e a nosa castaña? Constitución dunha asociación”. A convocatoria está fixada para as cinco e media da tarde e dende o concello animan ós veciños a participar na mesma, toda vez que se trata dun asunto de moito interés para os propietarios de soutos.

A castaña é un dos productos con máis futuro dentro do sector agroalimentario. De feito, hai países como Francia que teñen tecida unha verdadeira industria arredor deste produto, onde a produción é a parte menos interesante no negocio da castaña, sendo o seu tratamento e transformación para os mais diversos usos, os que xeneran o maior valor engadido.

Tamén resulta imprescindible a unión de produtores, posto que so desa maneira se pode obter unha posición de forza para negociar prezos e para tomar iniciativas que permitan a transformación por parte dos propios produtores locais, co que poderían quedarse co valor engadido que se levan os intermediarios ou incluso a industria transformadora.

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas ASAMBLEA VECIÑAL ABERTA SOBRE A XESTIÓN DA CASTAÑA