O MUSEO DO CHOCOLATE DE PARADA DE SIL COLABORA CO CEIP DE O COUTO NA DIVULGACIÓN DA RIBEIRA SACRA
(Luns 24 abril 2023)
A Casa-Museo do Chocolate de Parada de Sil ven de participar no programa “Descubrindo a Ribeira Sacra”, incluido no proxecto de centro do CEIP de O Couto para promocionar a Ribeira Sacra. Para elo, o Colexio, segundo a sua directora, María Pérez Laso, que introduciu as intervencións das invitadas, relatou tamén as actividades que levan a cabo ao longo do curso, destinadas a proporcionar información sobre esta área xeográfica do norte da provincia de Ourense e o sur de Lugo e que rematarán cunha viaxe dos alumnos para coñecer de cerca o entorno e certificar os coñecementos adquiridos ó longo do curso.
O proxecto está nucleado arredor da biblioteca do CEIP, que dirixe Ana Belén Pérez Vázquez, con Milagros Vázquez, como coordinadora do programa de posta en valor da Ribeira Sacra.
Nese contexto, interviron no CEIP de O Couto Mónica Fariña, técnica de turismo e responsable da Atención aos Visitantes no Museo do Chocolate, e Rosa Casares, filla do último chocolateiro, que con sua nai e sua irmá, cederon gratuitamente ao Concello de Parada de Sil a vella fábrica familiar e a maquinaria para a sua conversión en museo.
A exposición estuvo dirixida aos alumnos dos cursos quinto e sexto de primaria e contou con material da fábrica como moldes para facer as tabletas, cacao, manteiga de cacao e algúns outros elementos utilizados na elaboración do chocolate. A charla comezou coa proxección dun pequeno vídeo que recolle os activos de maior interese do concello, como o Mosteiro de Santa Cristina, o Canón do Sil, os Balcóns de Madrid, a Fábrica da Luz, a Pasarela do Mao ou o propio Museo do Chocolate, ademáis de mostras de terreos onde se practica a denominada viticultura heroica.
Na sua intervención, Rosa Casares explicou as orixes da casa museo do Chocolate, único de Galicia e ubicado no pobo de Teimende, a procedencia do cacao e o resto das materias primas que se utilizan na elaboración do popular produto, así como o proceso de elaboración e comercialización. Tamén recibiron información sobre a evolución da fábrica da saga Casares ata o cese da actividade coa xubilación de Ricardo Casares a mediados dos anos oitenta.
O remate, estivo acompañado dunha celebrada degustación do chocolate que comercializa o museo e que se elabora coa fórmula de Ricardo Casares, o último chocolateiro.