O Concello de Parada de Sil instalou recentemente un parque biosaudable na área recreativa Os Torgás
O parque está formado por 5 elementos conforman un circuíto básico que mellora a mobilidade dos membros inferiores, dándolle coordinación e equilibrio ao corpo, e aumenta a capacidade pulmonar.
O uso dos parques biosaudables teñen numerosos beneficios:
- Neles, facemos exercicio ao aire libre, o que mellora o noso ánimo e a nosa autoestima.
- Axúdanos a ter mellores niveis de vitamina D, moi importante para ter uns ósos e defensas fortes.
- É bo para a respiración, a circulación, prevén lesións e fai que nos recuperemos delas moito antes etc.
- Traballamos a nosa memoria e atención, dános alegría e vitalidade e axúdanos a ser persoas máis autónomas.
- E coincidimos cos nosos veciños e veciñas, así que ademais de realizar exercicio, é un momento para desfrutar da socialización.
A esta actuación destinouse un orzamento de 20.000 €, que se acolleu ás axudas para a promoción de estilos de vida saudables a través da creación ou rehabilitación de contornas.