Suite Diacrónica
Ciclo de conciertos SANTA CRISTINA IN MUSICA 2023Iñaki Alberdi, acordeonista
Día: Sábado, 23 de setembro de 2023 Hora: 19:00 hrs.
Lugar: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil, Ourense
Organiza: Concello de Parada de Sil
Coordina: Shelly Art Management Prezo: 15,00€
Reserva previa en: https://www.eventbrite.com/e/674396828067
Máis información en:https://www.facebook.com/events/957965425258672
http://santacristinainmusica.eventbrite.com
https://www.facebook.com/santacristinainmusica
http://www.shellyart.com/santacristinainm.../cartel_2023.pdf
http://paradadesil.es
https://www.facebook.com/Turismo-Parada-de-Sil-405562159569987
Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Dirección artística: Conchi da Silva
http://www.conchidasilva.com
PROGRAMA "SUITE DIACRÓNICA" :Unha viaxe a través do tempo e das danzas populares *
Antonio Soler (1789-1783) - Sonata R.49 en re menor
Astor Piazzolla (1921-1992) - Contrabajísimo
Astor Piazzolla (1921-1992) - Contrabajísimo
Antonio Soler - Sonata R. 25 en re menor
Astor Piazzolla - Picasso
Astor Piazzolla - Picasso
Astor Piazzolla - Ave María
Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Chacona, da Partita nº2 en re menor, BWV 1004
Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Chacona, da Partita nº2 en re menor, BWV 1004
Antonio Soler - Sonata R. 84 en re maior
Astor Piazzolla - Contrastes
Astor Piazzolla - Contrastes
Antonio Soler - Sonata R.24 en re menor
Antonio Soler - Sonata R.45 en sol maior
Astor Piazzolla Pedro y Pedro *
Antonio Soler - Sonata R.45 en sol maior
Astor Piazzolla Pedro y Pedro *
* Todas las obras deste programa foron transcritas para acordeón por Iñaki Alberdi agás Pedro y Pedro, cuxa transcrición é de David Sainz.
Videos
https://www.rtve.es/.../telediario/td2-acordeon/3823004
https://www.youtube.com/watch?v=qI7GlfWzdtM
Iñaki Alberdi, acordeonista
Unha das obsesións constantes de Iñaki Alberdi como intérprete de acordeón foi dotar o instrumento dun repertorio do que carecía, dada a súa recente incorporación ao mundo dos concertos académicos. É por isto que desde o inicio da súa carreira considerou que traballar man a man con compositores contemporáneos era fundamental para a ampliación dese repertorio que, ademais, conformaría o mellor legado para lles deixar ás futuras xeracións de acordeonistas. De feito, a docencia é outra das súas paixóns e acaba de crear a plataforma dixital Iñaki Alberdi Virtual Academy, para formar e conectar alumnos de acordeón de todo o mundo.
Mediante a ferramenta da transcrición Iñaki logrou ampliar aínda máis o ámbito do instrumento e conseguiu que pola presenza emotiva e envolvente do mesmo pasen compositores como Tomás Luis de Victoria, J.S. Bach, Antonio Soler, Isaac Albéniz ou Alberto Ginastera. Por iso poderíamos dicir que o conxunto do seu repertorio como intérprete, desde o Renacemento ata o século XXI, representa para a música clásica unha perspectiva nova, que dialoga perfectamente entre o popular e o vangardista e que podería perfectamente converterse no son do noso tempo para a música culta.
Iñaki Alberdi actuou en salas de concertos e festivais como o Teatro La Fenice (Venecia), Musikverein (Viena), Sala Arsenal (Metz), Auditorio Nacional (Madrid), Duke Hall (Londres), Hermitage (San Petersburgo), Ostertoene Festival (Hamburgo), Teatro da Ópera do Cairo, Festival de Outono de Varsovia, Filharmónica de San Petersburgo, Staattsoper Stuttgar, Festival de Música y Danza de Granada, L’Auditori de Barcelona, Mostly Modern Series of Dublin, Teatro Colón de Buenos Aires ou Teatro Solís de Montevideo.
Actuou como solista con orquestras como a Orquesta Nacional de España, Royal Liverpool Philarmonic, Tampere Chamber Orchestra, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta de RTVE, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta de la Comunidad de Madrid, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquesta Filarmónica de Buenos Aires, Orquesta Filarmónica de Montevideo, Euskadiko Orkestra Sinfonikoa ou Orquestra do Ministerio de Cultura Ruso, colaborando con directores como Juanjo Mena, Josep Pons, Pablo González, Cristóbal Halfter, Vasily Petrenko, Adrian Leaper, Pedro Halfter, Alexei Artemiev, Yoav Talmi, Melanie Thiebaut, Bojan Sudjic, Baldur Brönnimann, Nacho de Paz ou José Ramón Encinar.
Estreou máis de 80 obras de destacados compositores, como S. Gubaidulina, K. Stockhausen, Luis de Pablo, Joan Guinjoan, Gabriel Erkoreka, Ramon Lazkano, José María Sánchez-Verdú ou Alberto Posadas, e obtivo os seguintes galardóns e recoñecementos: o Gramophon Editor’s Choice Award, polo disco monográfico sobre Sofia Gubaidulina, coa Euskadiko Orkestra Sinfonikoa e Asier Polo, baixo a dirección de José Ramón Encinar; o Disco Excepcional Scherzo polo CD Conciertos para acordeón y orquesta, coa Orquesta Nacional de España baixo a dirección de Nacho de Paz; e o Melómano de Oro por Sensations, integrado por transcricións de Albéniz, Piazzolla e Soler. Gravou para as discográficas IBS, OCNE, Kairos, Verso, Etcétera e NEOS.