CANTUS PRIUS FACTUS
Ciclo de concertos SANTA CRISTINA IN MUSICA 2023Maria Bayley (voz, arpa, clavecín e órgano) e Pedro Sousa Silva (frautas)
Día: Sábado, 30 de setembro de 2023 Hora: 19:00 hrs.
Lugar: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil, Ourense
Organiza: Concello de Parada de Sil
Coordina: Shelly Art Management Prezo: 15,00€
Reserva previa en: https://www.eventbrite.com/e/674428703407
Máis información en:
https://www.facebook.com/events/1813120135771640http://santacristinainmusica.eventbrite.com
https://www.facebook.com/santacristinainmusica
http://www.shellyart.com/santacristinainm.../cartel_2023.pdf
http://paradadesil.es
https://www.facebook.com/Turismo-Parada-de-Sil-405562159569987htt
Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Dirección artística: Conchi da Silva
http://www.conchidasilva.com
PROGRAMA "Cantus prius factus": Polifonía portuguesa sobre cánticos e cancións
Maria Bayley e Pedro Sousa Silva propoñen unha viaxe íntima a través de manuscritos e gravados portugueses dos séculos XVI e XVII, presentando unha selección de composicións polifónicas e improvisacións a partir de melodías preexistentes (cantus prius factus ). Algúns cantos sacros e cancións seculares eran extremadamente familiares para un ouvinte do Renacemento, e non é de estrañar que atopemos en fontes portuguesas un gran número de composicións vocais e instrumentais baseadas neles. Os ouvintes de hoxe serán convidados a penetrar neste universo de melodías e contrapuntos que se perderon na memoria do tempo, escoitando por primeira vez algunhas destas obras.
Maria Bayley (voz, arpa, clavecín e órgano)
Maria Bayley estudou no Instituto Gregoriano de Lisboa con Cristiano Holtz (clavecín) e Elsa Cortez (canto). Obtivo o título de clavecinista no Real Conservatorio da Haia (Países Baixos), na clase de Jacques Ogg, é máster en canto no Conservatorio Fontys de Tilburg (Países Baixos), con Vitali Rozynko e Ildikó Hajnal; en teclados medievais e renacentistas na Schola Cantorum Basiliensis (Suíza), con Corina Marti; en Teoría da Música Antiga no Real Conservatorio da Haia, e no ensino do clavecín na Escola Superior de Música de Lisboa (ESML), con Ana Mafalda Castro. Tamén toca a arpa barroca, instrumento que estudou con Emma Huysser e Heidrun Rosenzweig.
Como solista, recibiu o primeiro premio no concurso de clavecín Carlos Seixas, no Concurso Nacional de Clavecín de Portugal e no premio Jóvenes Intérpretes de Música Antigua.
Maria é fundadora do ensemble Ars Lusitana, dedicado á investigación e interpretación do repertorio portugués, vicepresidenta da Asociación Ars Hispana, centrada na recuperación e edición do repertorio español, e cofundadora de Custos Records, co que produciu dous discos.
Son habituales as súas colaboracións con La Academia de los Nocturnos, O Bando de Surunyo, Cantores Sancti Gregorii e Palma Choralis. Tamén participa en proxectos con Bach Koor Holland, Sete Lágrimas, Grupo Vocal Olisipo, Suave Armonia ou La Danserye.
Pedro Sousa Silva (frautas)
Pedro Sousa Silva posúe unha carreira de máis de 25 anos. Despois de realizar estudos musicais con Pedro Couto Soares (ESML) e Pedro Memelsdorff (Civica Scuola di Musica di Milano) e musicoloxía (Universidade Nova de Lisboa), doutorouse na Universidade de Aveiro.
Ofreceu cerca de 200 concertos en Europa e no Brasil, destacando as colaboracións con músicos de renome como Enrico Onofri, Riccardo Minasi, Lawrence Cummings ou Amandine Beyer. Actualmente, desenvolve a maior parte da súa actividade artística co seu grupo Arte Minima, coa orquestra barroca Gli Incogniti, coa que actúa como solista nun programa ao redor dos concertos de J. S. Bach, e co grupo medieval Vozes Alfonsinas.
É profesor na ESMAE desde 2002, onde foi un dos promotores da creación do Curso de Música Antiga e fundador dos estudos de posgrao Polyphonia. É convidado regular das máis prestixiosas institucións musicais internacionais (e.g. Schola Cantorum Basiliensis, Universität für Musik und darstellende Kunst Wien, Joseph Haydn Konservatorium, Koninklijk Conservatorium Brussel, Norges Musikkhøgskole, Akademie für Alte Musik Bremen, Hochschule für Musik Trossingen, Universidade Estadual de São Paulo). Integra actualmente 3 equipos internacionais de investigación en temáticas medievais e renacentistas (proxecto Lost & Found – CESEM-UNL, PI João Pedro d’Alvarega; proxecto Hieronimite Plainchant from Mosteiro de Belém – CESEM-UNL, PI Océane Boudeau, proxecto Chanter les Motets de Phillipe de Vitry – HEM de Genève, PI David Chappuis).
Desde 2007 desenvolve tamén actividade no campo da produción discográfica. Produciu e editou os CDs Arte da Usurpação (Phonoedition 2007) e The Bad Tempered Consort (Challenge Classics 2009) do grupo A Imagem da Melancolia, Volúpia (Numérica 2012) do ensemble Darcos, Royne des Fleurs (CESEM 2021) do ensemble Sesquialtera e In Splendoribus (musicusminusculus 2021) do grupo Arte Minima.