.
Mércores, 28 Febreiro 2018 23:55

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA EXECUTAR AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE 5 VIVENDAS EN FONDODEVILA

O Diario Oficial de Galicia (DOG), do 28 de febreiro publica o anuncio licitación das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Fondodevila, no concello de Parada de Sil, que é a entidade adxudicadora. O prazo de execución é de 24 meses, en tanto que a tramitación é ordinaria e o procedemento, aberto. A adxudicación estará baseada na pluralidade de criterios e o orzamento base será de 499.662,12 euros sen IVE, que se traduce nun total de 604.591,21 euros.

Non se esixen garantías provisionais pero sí a definitiva, que consiste no 5% do prezo de adxudicación do contrato, excluido o IVE. A obtención de documentación e información, está en perfil do contratante www.depourense.es. A data límite para a obtención de documentación e información será o último día da presentación de proposicións.

O prazo para a presentación de ofertas rematará ás 14,00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. O Lugar de presentación é: Concello de Parada de Sil. Praza do Campo da Feira, 1.

 

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA EXECUTAR AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE 5 VIVENDAS EN FONDODEVILA