Despois do incendio ocorrido no pobo de Requián, Parada de Sil, que afectou moi gravemente as casas de dous veciños e de xeito importante a outras dúas casas, o Concello de Parada de Sil e no seu nome o seu Alcalde, Aquilino Domínguez abriu unha conta solidaria para recadar fondos para este axuda. O alcalde agarda que non só a veciñanza de Parada de Sil, senón persoas de outros lugares así como entidades fagan unha apartación solidaria aos afectados.
A conta solidaria permanecerá aberta ata o día 15 de xaneiro 2025 e agárdase que o espírito de Nadal tamén se vexa reflectido nesta actuación.
