.
Mércores, 19 Marzo 2025 15:10

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E FOMENTO DAS BOAS PRÁCTICAS NA REDE NATURA 2000 DE PARADA DE SIL

A ZEC Canón do Sil é un espazo protexido que mostra unha elevada afluencia de visitantes que vai en aumento. No municipio de Parada de Sil obsérvase non só un aumento do número de persoas que acoden  a coñecer o Canón, senón tamén se identifican impactos e conductas incompatibles coa súa conservación. Como parte do interese do concello polo coidado dos seus espazos naturais, estase a desenvolver unha campaña de sensibilización ambiental que poñe en valor este espazo natural protexido da Rede Natura 2000 e difunde un conxunto de boas prácticas para as actividades que se desenvolven na natureza dirixidas tanto á poboación local e como aos visitantes. Desta maneira, o concello contribúe ao fomento dos bos comportamentos que eviten o deterioro ambiental do Canón do Sil, promovendo a conciencia ambiental da poboación local, do sector turístico local e dos visitantes.

 

Dende o concello de Parada de Sil organízase, para o próximo día 28 de marzo, venres, ás 11:00 da mañá na sala de usos múltiples do edificio municipal, a presentación dunha campaña de sensibilización que se está a elaborar no marco das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, co financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.

 

Presentaranse todos os materiais elaborados para a promoción e difusión de boas prácticas de comportamento no medio natural e promoverase a participación dos establecementos turísticos na sensibilización das persoas visitantes.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E FOMENTO DAS BOAS PRÁCTICAS NA REDE NATURA 2000 DE PARADA DE SIL