PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025, cofinanciado co FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (Feader)
O Concello de Parada de Sil dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, busca facilitar o acceso ás leiras dos veciños do Concello.
Acometeuse a mellora do camino “OU 604 - Forcas – Límite Municipal”. Deste xeito preténdese evitar o despoboamento do rural e facilitar as condicións de vida e servizos básicos dos veciños do concello mediante estas actuacións que melloran a accesibilidade, a mobilidade e a seguridade.
O importe da obra é de 63.538,87 euros e foi adxudicada á empresa “ Construcciones y Obras Taboada Ramos SL”.
Importe subvencionable é 52.511,46 €.
Nas actuacións o que se pretende é mellorar a capa de rodadura do camiño e tamén ampliacións do mesmo camiño e a limpeza das gabias/ cunetas.