
O CONCELLO DE PARADA DE SIL APROBA DEFINITIVAMENTE A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO PARA A VENDA DE PRODUTOS E ARTIGOS DE PROMOCIÓN TURÍSTICA ASÍ COMO A APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA VISITA A MUSEOS E MONUMENTOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do prezo público para a venda de produtos e artigos de promoción turística 2025
O día 16.04.2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia un anuncio de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do prezo público para a venda de produtos e artigos de promoción turística aprobada inicialmente polo Pleno do Concello de Parada de Sil en sesión ordinaria do 27.03.2025. Segundo o disposto no artigo 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e unha vez transcorrido o prazo de exposición pública sen que se presentaran reclamacións, queda automaticamente elevado a definitivo o devandito acordo de modificación, cuxo texto íntegro é do seguinte tenor literal:
PRODUCTOS
- Prezo Tableta de chocolate 500 grs. 70%: 8,00 €
- Tableta de chocolate 125 grs. 70%: 3,50 €
- Tableta de chocolate con leite125 grs.: 3,00 €
- Bolsa de chocolatinas leite (5 uds.): 1,50 €
- Bolsa de chocolatinas 70% (5 uds.): 1,50 €
Prezo por unidade.
Aplicable a partir do 1 xullo de 2025
Consulte o BOP na seguinte ligazón: Ordenanza fiscal reguladora do prezo público para a venda de produtos e artigos de promoción turística
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola visita a museos e monumentos de titularidade municipal 2025
O día 16.04.2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia un anuncio de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola visita a museos e monumentos de titularidade municipal aprobada inicialmente polo Pleno do Concello de Parada de Sil en sesión ordinaria do 27.03.2025. Segundo o disposto no artigo 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e unha vez transcorrido o prazo de exposición pública sen que se presentaran reclamacións, queda automaticamente elevado a definitivo o devandito acordo de modificación, cuxo texto íntegro da modificación queda redactado co seguinte tenor literal:
COTA TRIBUTARIA
O importe da taxa virá determinado segundo o recurso para o cal se solicita a entrada e/ou visita.
- Colección museográfica Casa do Chocolate de Teimende: entrada individual (maiores 14 anos): 2,00 €
Consulte o BOP na seguinte ligazón: Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola visita a museos e monumentos de titularidade municipal 2025
Aplicable a partir do 1 agosto 2025