Os alumnos de cuarto curso da ESO do colexio Padre Feijóo-Zorelle de Ourense asistiron a unha charla sobre a Casa Museo do Chocolate de Teimende celebrada no propio centro educativo e impartida por Rosa Casares. Durante o encontro, os estudantes foron coñecendo os pormenores da elaboración do chocolate, así como a sua orixe histórica e a evolución ó longo dos tempos.
Paralelamente, a conferenciante ofreceu información exhaustiva da Casa Museo, que incluíu documentación gráfica sobre o edificio e a maquinaria que alí se garda, creada a partires da antigua fábrica da familia Casares, na que exercía de mestre chocolateiro o seu pai, Ricardo Casares.
Os alumnos seguiron con notable interés as explicacións, que foron acompañadas dunha degustación do chocolate do propio Museo, que se elabora baixo a receta tradicional.