.
Xoves, 07 Xuño 2018 09:23

O SÁBADO 9 DE XUÑO ESTARÁ CORTADA A ESTRADA OU-605 POLO RALLY DE OURENSE

A disputa da 51 edición do Rally de Ourense no tramo do Cañón do Sil que terá lugar o sábado 9 de xuño, obligará a cortar a estrada OU-605 que recorre o concello de Parada dende Vilariño Frío (Montederramo) ata A Teixeira, así como o tramo comprendido entre Calvos e A Costrela. O peche levarase a cabo entre as 09,45  horas ata as 13,15, pola mañán, en tanto que pola tarde voltará a quedar pechada a estrada entre as 14,15 e as 17,45.

A organización da proba automovilística piden comprensión e disculpas polas molestias causadas ó tempo que agradecen a colaboración cidadá. A alcaldesa de Parada, Yolanda Jácome, pola sua parte, tamén desexa a veciños e seguidores do rally en xeral, que disfruten dunha proba que ten en Parada un dos tramos máis espectaculares e vistosos. Porén, prega a todos os asistentes e cantos se atopen ese día no entorno extremen as precaucións para evitar calquera percance que desluza o evento e, sobre todo, que haxa que lamentar algún daño persoal.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O SÁBADO 9 DE XUÑO ESTARÁ CORTADA A ESTRADA OU-605 POLO RALLY DE OURENSE