.
Domingo, 22 Xullo 2018 22:41

O CONCELLO PON EN MARCHA UN PROGRAMA CULTURAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA CUN CICLO ADICADO Á MAXIA

O concello de Parada de Sil pon en marcha o programa cultural de animación á lectura cun ciclo adicado á magia, que terá lugar os días 26 de xullo e 8 e 16 de agosto ás 7 da tarde e que se desenvolverá na Biblioteca municipal ubicada na Casa do Concello. O día 26 será o artista valdeorrés O Mago Teto quen porá en escea o espectáculo titulado “A increíble historia da maxia”. O Día 8 de agosto está programada a actuación de Martín Camiña, quen ofrecerá un espectáculo titulado “Ilusións por e para María Victoria Moreno”, mentres que o día 16 de agosto será Ernesto Is o que represente 4 (Catro).

Iste programa ten como obxectivo fomentar o hábito da lectura, sobre todo entre o público máis xoven durante o tempo de lecer.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO PON EN MARCHA UN PROGRAMA CULTURAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA CUN CICLO ADICADO Á MAXIA