.
Domingo, 12 Agosto 2018 18:59

MIGUEL PLANELLS, DE GIRONA, E JOSÉ MAUEL NOVOA, DE OURENSE, GAÑAN O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ROSA PONS” DE PARADA DE SIL

”Paseo matinal”, de Miguel Planells, de Girona, e “En busca do patio perdido de Rosa Villar”, do ourensán José Manuel Nóvoa, alzáronse co primeiro e segundo premios, respectivamente, da undécima edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”-Parada de Sil, segundo o fallo do xurado formado polo fotógrafo, profesor e escritor Emilio Araúxo e o editor e xornalista Pepe Arias, actuando de secretario Xosé Antón Vázquez, presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil, na undécima edición do certame convocado polo concello de Parada.

Nesta ocasión concurrieron 101 fotografías no tema libre e 38 na modalidade de fotografía de Parada de Sil, referentes a bens artísticos, culturais, naturais ou persoeiros do concello. O traballo gañador, firmado por Miguel Planells, está dotado con 700 euros. O segundo lugar foi para unha fotografía de Pablo Pérez de Urretxu, dotado con 200 euros.

                        Na modalidade de visións de Parada de Sil, ó primeiro premio, do ourensán José Manuel Nóvoa,  corresponderanlle 800 euros.

            A alcaldesa, Yolanda Jácome, amosou a sua satisfacción polo importante número de participantes, pertencentes a trece comunidades autónomas. Asimesmo, fai fincapé no agradecemento, “como sempre, a Camilo Yáñez Pons, como patrocinador do concurso, pola sua xenerosidade”. Tamén “queremos manifestar o noso recoñecemento ós compoñentes do xurado que de xeito altruista axudaron a resolver o concurso.

Os traballos presentados a concurso poderán verse a partir do próximo día 15 no salón de plenos do concello en horario de oficina.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas MIGUEL PLANELLS, DE GIRONA, E JOSÉ MAUEL NOVOA, DE OURENSE, GAÑAN O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ROSA PONS” DE PARADA DE SIL