.
Mércores, 14 Novembro 2018 18:58

O MUSEO DO CHOCOLATE DE PARADA CHEGOU ATA O COLEXIO O PIÑEIRIÑO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Na tarefa permanente de divulgación e promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende, en Parada do Sil, como se ven facendo ó longo dos últimos tres anos dende a posta en marcha do museo, esta vez tocoulle o turno ó colexio O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa. Loli Casares, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro da empresa Chocolates Casares e terceira xeración que se adicou a fabricar iste rico produto no corazón da Ribeira Sacra.

A explicación ós alumnos levouse a cabo de xeito moi didáctico para a mellor comprensión dos participantes, que amosaron moita atención e interactuaron en todo momento ca ponente e despois fixeron debuxos sobre as máquinas coas que se fabrica o chocolate. Por último, Loli Casares, levou unha mostra para que os nenos poideran catar o seu excelente sabor.

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O MUSEO DO CHOCOLATE DE PARADA CHEGOU ATA O COLEXIO O PIÑEIRIÑO DE VILAGARCÍA DE AROUSA