.
Venres, 30 Novembro 2018 18:38

A XII ANDAINA DA CASTAÑA SUPEROU A CHUVIA E O FRÍO CO ÁNIMO DOS PARTICIPANTES

A tradicional  Andaina da Castaña, tanto na súa versión para profesionais e afeccionados  senior como para os máis pequenos superou con éxito o  hándicap da choiva e o mal tempo rexistrados na duodécima e undécima edicións para maiores e nenos, respectivamente, que a pesar de todo reuniu unha notable participación nun trazado de 18,5 quilómetros para os máis valentes, que atravesou por boa parte das paraxes emblemáticas de Parada de Sil, como xa é habitual. A carreira para os máis pequenos cubría un percorrido de 3,5 quilómetros, que transcorreron pola contorna da capitalidade do municipio.

A organización correu a cargo do  concello, o  Club de Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural  Ouro  do Sil, que estableceron puntos de control de paso para poder abandonar a proba en caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirarse por outros motivos. Durante a proba e ao final da mesma reinou o bo ambiente, como se demostrou á hora de recuperar forzas coas viandas ofrecidas pola organización, que xa establecera postos de  avituallamento en lugares estratéxicos do trazado para dar apoio vitamínico e enerxético aos participantes.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A XII ANDAINA DA CASTAÑA SUPEROU A CHUVIA E O FRÍO CO ÁNIMO DOS PARTICIPANTES