.
Sábado, 22 Decembro 2018 17:08

OS REISES MAGOS CHEGARÁN O 5 DE XANEIRO Á RESIDENCIA “LUCES DO SIL”

Os Reises Magos de Oriente chegarán o día 5 de xaneiro próximo á residencia “Luces do Sil” de Parada a partires das seis da tarde, onde saudarán ós nenos que estén presentes, xunto cos maiores que os acompañen, e de paso, recollerán as cartas dos pequenos dirixidas ás Suas Maxestades, coas peticións de agasallos que lles han de deixar no reparto que farán durante esa mesma noite polas casas.

Asimesmo, na cabalgata organizada pola asociación cultural Ouro do Sil, coa colaboración do concello de Parada e o colectivo Luces do Sil, os Reises repartirán durante a sua estadía na residencia agasallos, doces e chocolate entre os presentes, principalmente os nenos, e tamén saudarán e ofrecerán chocolate ós maiores residentes na residencia da terceira idade, na que por un día os nenos levarán a algarabía propia da rapazada.

Os Reises Magos cos nenos na Residencia Luces do Sil na cabalgata de 2015.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas OS REISES MAGOS CHEGARÁN O 5 DE XANEIRO Á RESIDENCIA “LUCES DO SIL”