.
Xoves, 21 Marzo 2019 19:38

A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE A VELUTINA O DÍA 30 DE MARZO EN ALLARIZ

A Asociación Galega de Apicultura, xunto co Concello de Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro, organiza unha xornada sobre a vespa velutina, que terá lugar o próximo 30 de marzo na sede da Fundación Ramón González Ferreiro en Paciños (Allariz). A participación é aberta para todo o público interesado ata completar o aforo. O prezo será debalde, logo da inscripción e o xantar costará 8 euros, pero é preciso reservar con anterioridade. A inscrición estará aberta ata o 27 de marzo, tanto para asistir á xornada como para participar no xantar, e poderase facer por email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 508 142.

O programa consta de catro ponencias, unha presentación dee modelos de arpas eléctricas e unha exposición. Dará comezo ás 10 da mañá, coa intervención de Joaquín Lozano, veterinario de AGA, que falará sobre o ciclo biolóxico e comportamento da vespa velutina, en tanto que Suso Asorey, biólogo e voceiro da AGA disertará sobre “O que aínda non sabemos da vespa velutina”. Ás 11, “Estratexias de loita: trampeo, protección das colmeas e retirada de niños”: “Trampeo preventivo e selectivo”, por José María Bello, de DAGA Morrazo; “Protección das colmeas coas arpas eléctricas”, por Rafa Díaz, de DAGA Ferrolterra; “A retirada de niños”, por Miguel Ángel López, de Protección Civil de Allariz. Ás 13 horas dará comezo a última ponencia da mañá, co Obradoiro sobre elaboración e uso de trampas (farase por grupos ata cubrir o aforo das aulas).

Pola tarde, ás 16 horas, “Loita institucional: asociacionismo e Plataforma Stop Velutina, por Pepe Torres e Paula Souto, da directiva da AGA. Ás 16,30, presentación dos diferentes modelos de arpas eléctricas, por parte de constructores e empresas especializadas; ás 17,30, Obradoiro sobre manexo das colmeas e uso das arpas eléctricas, tamén por grupos ata cubrir o aforo das aulas).

A exposición contará con información xeral sobre o tártago asiático, constructores de arpas eléctricas e otras ferramentas de loita. Participan, Eugenio Pichel, Fernando Cores, Apiyago, Benigno Fernández, Apícola Regueira e Vel-Zapper. Para máis información: www.apiculturagalega.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 981 508 142 – 630 069 637.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE A VELUTINA O DÍA 30 DE MARZO EN ALLARIZ