.
Luns, 20 Maio 2019 22:56

O CONCELLO PROPÓN ARMONIZAR O ACCESO RODADO A SANTA CRISTINA PARA EVITAR COLAPSOS DE TRÁFICO

O importante incremento no  número de visitantes ó mosteiro de Santa Cristina está levando ó concello a considerar medidas para armonizar o tráfico de vehículos para evitar o colapso, dadas as dificultades do trazado da estrada en casos de afluencia intensa, como a saturación das prazas de aparcamento seguras á beira do mosteiro. O concello pretende que o enclave tur¡stico de referencia na Ribeira Sacra Manteña o fluxo de visitantes, pero mantendo as condición mínimas de seguridade no tráfico e aparcamento de coches. A primeira destas medidas consiste na petición de que se absteñan de baixar os autobuses de gran tamaño (de 13 metros ou máis), debido ás dificultades que xeran nas fases de maior afluencia. Neste senso, o concello estuda alternativas que poidan aportar solucións efectivas a esta situación.

Hai que lembrar que na última Semana Santa achegáronse ó recinto monumental catro mil persoas en tan so cinco días, cantidade moi superior á capacidade dos accesos.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO PROPÓN ARMONIZAR O ACCESO RODADO A SANTA CRISTINA PARA EVITAR COLAPSOS DE TRÁFICO