.
Luns, 20 Maio 2019 23:06

PARADA DISPORÁ DE WIFI GRATIS Ó INTEGRARSE O CONCELLO NUN PROGRAMA EUROPEO

Parada de Sil disporá de WiFi gratis para os usuarios despois de que o concello se integrara no programa WiFi4EU, no que a Comunidade pretendía ofertar a 9.000 concellos de toda a Unión Europea a posibilidade de ter WiFi gratis, cunha velocidade mínima de 30 Mbps. Decenas de miles de pobos solicitaron formar parte deste proceso, que vai concedendo axudas en fases sucesivas. Na que acaba de porse en marcha agora incorpóranse 510 pobos de todo o Estado español, entre os que figura Parada de Sil. Súmanse aos 224 anteriores que xa dispuñan de conexión inalámbrica gratuita a internet en espazos públicos fixados polos concellos respectivos, dentro do mentado programa comunitario.

O programa consiste na concesión dunha axuda de 15.000 euros a cada concello beneficiado para pór un punto de acceso WiFi. Os 224 pobos españoles que entraron na primeira fase recibiron 3,36 millons de euros, coa obriga por parte de cada concello de asumir o mantemento da infraestructura, pagar a cuota de internet ó operador correspondente e manter a rede en funcionamento durante un período mínimo de tres anos.

Fronte ós 2.800 concellos seleccionados na primeira fase da iniciativa, na segunda ascenderon a 3.400, cun investimento previsto de 51 millóns de euros, dos cuales un 15 por cento corresponden a España. En Galicia son doce os concellos incluidos, a metade pertencentes á provincia de A Coruña: Abegondo, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Valdoviño e Vimianzo; tres a Pontevedra: Sanxenxo, Tomiño e Vigo; dous en Ourense: Parada de Sil e Ribadavia; e Lugo, so un, que é o de Vilalba.

Ademáis dos 510 seleccionados en España nesta segunda fase figuran outros 15 máis en condición de reservas, para cubrir posibles Baixas. En Galicia so está incluido o de Castro Caldelas.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA DISPORÁ DE WIFI GRATIS Ó INTEGRARSE O CONCELLO NUN PROGRAMA EUROPEO