.
Luns, 14 Outubro 2019 17:17

O GRUPO ENSEMBLE HOTTETERRE DARÁ UN CONCERTO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA O 19 DE OUTUBRO

O grupo Ensemble Hotteterre ofrecerá o próximo sábado, día 29 de outubro, un concerto no mosteiro de Santa Cristina ás 17,30 horas, organizado polo Concello de Parada de Sil, en colaboración da Fundación Vicente Risco e a Xunta a través do Xacobeo 2021, dentro da programación do próximo Ano Santo. A iniciativa leva por título “Ensemble Hotteterre no Camiño: A gaita de fole no barroco”. A formación está integrada por Paulo Gonçalves, que leva a dirección, ademáis de tocar a gaita de fole; Ánxela Vidal Trabada, gaita de fole; Xurxo Fernández, gaita de fole; Hugo Sanches, tiorba; e Xurxo Varela, viola de gamba.

O nome do grupo é un recoñecemento á figura de Jacques Martin Hotteterre, compositor e flautista francés do século XVIII, músico da corte de Luis XIV e Luis XV de Francia. Con grandes dotes como intérprete e compositor, formouse en Francia e Italia, chegando a convertirse nun dos músicos máis famosos da época no seu país. Paulo Gonçalves, impulsor de Ensemble Hotteterre, é un recoñecido intérprete de música culta ca gaita, que conta cunha dilatada traxectoria. Foi tamén o responsable de pór en marcha o Museo da Gaita de Fole de Barbadás, único das suas características en Galicia, por encargo do propio Concello.

O concerto obligará a pechar o mosteiro de Santa Cristina ó público durante o sábado día 19 de outubro.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O GRUPO ENSEMBLE HOTTETERRE DARÁ UN CONCERTO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA O 19 DE OUTUBRO