.
Xoves, 24 Outubro 2019 17:00

O 9 DE NOVEMBRO CELEBRARSE A ANDAINA DA CASTAÑA, NAS MODALIDADES PARA MAIORES E CATIVOS

O 9 de novembro terá lugar a decimoterceira edición da Andaina da Castaña, nas suas modalidades para maiores e cativos menores de doce anos. A primeira terá un trazado de 18,5 kilómetros de dificultade media-alta, e a segunda serán 3,5 kilómetros que discurrirán polos arredores do núcleo de Parada, como a ruta de interpretación da castaña e das carriozas, que contará con guía para explicar a sua historia e significación na vida local ó longo do tempo.

A andaina para adultos sairá de Parada ás 09,30 horas da Praza do Barquilleiro, o lugar habitual, e contará con controis de tempos máximos de paso e avituallamento na Sapeira (km. 5,0 da marcha), Os Torgás (km. 8,7), Mosteiro de Santa Cristina (km. 14,0), Castro (km. 16) e Parada, onde está fixado o remate da andaina. De seguido, os participantes terán xantar-picoteo e magosto.

O prezo de inscrición (con data tope o 6 de novembro) será de 12 euros por participante (9 para os federados de montañismo) e 5 euros para os menores con idades entre 12 e 18 anos (neste caso deberán ir acompañados por un familiar maior de idade). Pódese facer a través da páxina web www.championchipnorte.com ou no teléfono 616 516 238. Os inscritos tamén dará dereito a unha camiseta conmemorativa. A organización da proba corre a cargo do Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural Ouro do Sil.

Na proba para cativos poderán participar rapaces menores de 12 anos. Os maiores acompañantes pagarán 12 euros de inscrición, en tanto que para os pequenos será de balde. A saída da proba terá lugar as 11,00 h.

Pola tarde, a partir das 20,00 horas haberá festa do San Martiño en Sacardebois, organizada pola comisión de festas do pobo, que estará amenizada por unha orquesta, e na que se ofrecerán castañas, chourizos e viño de xeito gratuito.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O 9 DE NOVEMBRO CELEBRARSE A ANDAINA DA CASTAÑA, NAS MODALIDADES PARA MAIORES E CATIVOS