.
Venres, 01 Novembro 2019 21:32

PARADA DE SIL, SITUADO NUN PROGRAMA DE TVE COMO PUNTA DE LANZA NA PROMOCIÓN DA RIBEIRA SACRA PARA ACCEDER A PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O programa “España directo” de TVE ofreceu o pasado 30 de outubro unha reportaxe sobre Parada de Sil, pondo o acento nos seus miradores (Balcós de Madrid), os bancales que acollen as cepas de viñedos milenarios, no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e o Museo do Chocolate de Teimende.

O documental dura 3 minutos e 21 segundos, nos que o autor do traballo describe con rigor e talento as virtudes de Parada apoiándose nas testemuñas de Diego Soto, Paco Magide e Xosé Antón Vázquez, convertíndose así nunha peza de promoción da Ribeira Sacra na andaina para ser designada Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco o ano próximo.

A reportaxe pode ser visionada na web de TVE, premendo na imaxe

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA DE SIL, SITUADO NUN PROGRAMA DE TVE COMO PUNTA DE LANZA NA PROMOCIÓN DA RIBEIRA SACRA PARA ACCEDER A PATRIMONIO DA HUMANIDADE