.
Martes, 12 Novembro 2019 16:50

A AXENCIA DE CALIDADE ALIMENTARIA PROMOVE FORMACIÓN NOS SECTORES AGROGANDEIRO E FORESTAL PARA OS MOZOS DE PARADA

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración co concello de Parada de Sil,  ten convocada unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre nocións básicas para o aproveitamento sostible do souto. Esta iniciativa está destinada principalmente a persoas vencelladas profesionalmente cos sectores produtivos agrogandeiro, industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeireira, así como ás que conten con expectativas de incorporación ós mesmos, especialmente mozos e mozas do concello. Terá lugar o xoves 14 de novembro ás 16,00 horas, no salón de plenos do concello de Parada. A asistencia será libre para todos os interesados.

Os soutos, a castaña, o viño, a agricultura e a gandería, así como o sector forestal constitúen un sector con gran potencial dentro da producción sostible e sustentable. Parada, que conta con valiosos recursos en todos eles, ofrece unha oportunidade para que mozos e mozas do concello poidan atopar unha saída profesional con futuro, nun momento no que os mercados valoran especialmente os produtos naturais e autóctonos, para os que as terras do concello de Parada están abondosamente dotadas. O segredo está no coñecemento do medio e na competencia profesional na materia na que se pretenda iniciar a actividade.

(Souto pertencente á parroquia de Chandrexa).

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A AXENCIA DE CALIDADE ALIMENTARIA PROMOVE FORMACIÓN NOS SECTORES AGROGANDEIRO E FORESTAL PARA OS MOZOS DE PARADA