.
Luns, 03 Febreiro 2020 18:31

OITAVO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL. Convocatoria e Bases.

O Concello de Parada de Sil, grazas á doazón do catedrático e natural deste Concello D. Eugenio Prieto Pérez, convoca un concurso de  microrrelatos.
 
BASES:
1. Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión en contar e no uso da linguaxe, e por unha trama paradóxica e sorprendente.
 
2. Os microrrelatos son de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Cada autor so poderá participar cun microrrelato.
 
3. A extensión do texto non excederá das 200 palabras, en formato DINA-4, a dobre espazo, tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
 
4. A data de entrega rematará o 31 de marzo de 2020. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a data da presentación na oficina de envío.
 
5. A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
 
             I.  Correo electrónico dirixido a  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
pondo no asunto o título completo da obra. En dito correo adxuntaranse dous arquivos en formato Word:
  • O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
  • O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, e-mail e teléfono, título completo do microrrelato así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
Tódalas plicas gardaranse nunha carpeta protexida e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.
Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata o día de remate do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso. Para calquera dúbida enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
           II: Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado á seguinte dirección: “ Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”, Praza Campo da Feira nº 1  32740  Parada de Sil Ourense. Os textos  enviaranse  tan só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) cerrado, incluirase unha ficha co título do relato, o autor, data de nacemento, dirección postal, e-mail e teléfono así como unha declaración xurada conforme que  o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
 
6.- O Concello como organizador  designará ao xurado competente que estará presidido  polo catedrático e hispanista D. Antonio Carreño.
 
7.- O fallo do xurado farase público o 30 de abril  de 2020 e será inapelable.
 
8.- Dotación e fallo do premio:
     1º  Premio: 1.000 Euros
     2º Premio:     500 Euros
 
9.- A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 16 de maio de 2020.
 
10.- A inscrición neste certame  supón a total aceptación das bases.
 
11.-Tódalas persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando ao autor o autora do mesmo.

Parada de Sil  28 de xaneiro de 2020
O  Alcalde
Aquilino Domínguez Díaz
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas OITAVO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL. Convocatoria e Bases.