.
Xoves, 12 Marzo 2020 17:39

O MUSEO DO CHOCOLATE CHEGOU ATA OS NENOS DO COLEXIO “SANTO ÁNGEL” DE OURENSE

Os alumnos de cuarto curso de primaria do colexio Santo Ángel de Ourense coñeceron as orixes e o funcionamento do Museo do Chocolate de Teimende, grazas á charla impartida por Rosa Casares, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro da marca Chocolates Casares. Tanto Rosa como a sua irmá Loli, cederon a vella fábrica propiedade dos seus pais ó concello de Parada para que este o rehabilitara e poder abrilo ó público como Casa-Museo.

A ponente explicou ós rapaces o seu funcionamento, ademáis de facer un percorrido sobre a orixe do chocolate dende países de Centroáfrica ou América Latina, así como o percorrido que fai a materia prima ata chegar á fábrica de Teimende. Tamén a historia da fábrica, posta en marcha hai máis de cen anos polos seus antepasados, así como a elaboración do chocolate.

Os nenos amosaron moita curiosidade por todo o referido ó museo e ó chocolate e ó final degustaron e loubaron o produto comercializado polo propio museo, que lles ofreceu a conferenciante.

 
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O MUSEO DO CHOCOLATE CHEGOU ATA OS NENOS DO COLEXIO “SANTO ÁNGEL” DE OURENSE