.
Martes, 11 Agosto 2020 22:09

OS PERIGOS QUE PODEN ACARREAR ALGUNHAS ACTIVIDADES NO MÓBIL E O RECOÑECEMENTO ÁS MULLERES, CHEGAN ÁS ACTIVIDADES DE VERÁN

As actividades de verán acollerán o día 14 dde agosto duas actividades de interese xeral. A primeira desenvolverase baixo o título de “Non co meu móbil”, que atinxe a toda a sociedade, pero que está especialmente dirixida para os máis mozos emozas. A través dela estableceranse pautas para saber usar ben a internet e máis os termináis móbiles, para detectar e evitar casos de actividades tan perigosas e socialmente preocupantes como o “ciberbulling”, o “grooming” ou o “sexting”. Asimesmo, establecerase unha guía de ciberdelitos, para que os usuarios que se introduzan neste tipo de prácticas saiban o risco legal ao que se enfrontan no caso de ser descubertos.

O mesmo día tamén terá lugar unha iniciativa dirixida ó coñecemento e recoñecemento do labor realizado polas mulleres coidadoras de fillos, maiores ou dependentes, así como as dificultades é retos que deben afrontar as mulleres maiores ou con discapacidade. Está especialmente orientada a coñecer as diferentes realidades de tantas mulleres fortes e valentes na sua vida diaria.

Por outra banda, os días 19, 20 e 21 de agosto levarase a cabo o obradoiro de fotografía “Rompendo roles e estereotipos”, apto para todas as idades, no que se traballarán e establecerán os distintos estereotipos á hora de tirar unha fotografía. Os participantes plasmarán en imaxes o particular día a día cheo de roles á hora de inmortalizar cada imaxe.

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas OS PERIGOS QUE PODEN ACARREAR ALGUNHAS ACTIVIDADES NO MÓBIL E O RECOÑECEMENTO ÁS MULLERES, CHEGAN ÁS ACTIVIDADES DE VERÁN