.
Xoves, 14 Xaneiro 2016 00:00

CUARTO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA

O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos.
 
BASES:
 
1.  Os autores han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota,nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe,ademais dunha trama paradóxica e sorprendente.
 
2.  Os microrrelatos son de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Poderán presentarse un máximo de dous microrrelatos por autor.
 
3.  A extensión do texto non excederá as 200  palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, e tipo de letra TimesNew Roman de 12 puntos.
 
4. O prazo de entrega finaliza o 4 de marzo de 2016.
 
5.  Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo:“Concurso Microrrelatos, Ayuntamiento de Parada de Sil”,  Praza Campo da Feira nº 1  32740  Parada de Sil  Ourense.
 
6.  Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, o autor, o seu enderezo  e os seus teléfonos fixo e móbil.
 
7.-O concello como organizador designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista D. Antonio Carreño.
 
8.-  O fallo do xurado farase público o 17 de marzo do 2016  sendo inapelable.
 
9.-  Dotación e fallo do premio: 1º Premio: 1.000 € / 2° Premio: 500 €
 
10.- A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.
 
11.-Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo. 
 
Parada de Sil 14 de xaneiro 2016. A Alcaldesa. Yolanda Jácome
 
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas CUARTO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA