.
Martes, 17 Xaneiro 2017 15:39

O CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL CHEGA Á SUA QUINTA EDICIÓN

Despois do éxito das convocatorias anteriores que foron incrementando a participación ata situarse por enriba dos 550 participantes procedentes de case todas as comunidades autónomas, México, Alemania, Italia, A Florida ou San Petersburgo, o concello de Parada de Sil procede a convocatoria da quinta edición. Preténdese con elo descubrir talentos e estimular a imaxinación de todas as persoas e especialmente dos coñecedores da Ribeira Sacra, entendendo que este concurso tamén axuda a difusión da marca no camiño de lograr que sexa declarada Patrimonio da Humanidade.
 
O concello recorda ós posibles participantes que o primerio premio está dotado con 1.000 euros e o segundo con 500. Asimesmo, a alcaldesa Yolanda Jácome pon de relevo que nas dúas últimas edicións, dado o alto nivel das persoas participantes o mecenas que fai posible o certame, Eugenio Prieto Pérez, catedrático emérito e natural deste concello, engadiu un accésit de 300 euros. A alcaldesa quere agradecer publicamente a xenerosidade do patrocinador, que non só financia os premios, senon que aumentou a sua cuantía.
 
Na convocatoria presentada ós medios, anímase a participación, facendo un exercicio de precisión no uso da linguaxe, para que algo pequeno en extensión teña un significado grande. Nesta edición e por primeira vez ábrese a posibilidade a presentación dos traballos por correo electrónico ao tempo que se limita a un texto por autor.
 
O prazo para enviar os microrrelatos remata o día 3 de marzo de 2016 facéndose público o fallo o día 17 de abril polo xurado designado para o evento e que estará presidido polo catedrático da Brown University, hispanista e veciño de Parada de Sil, Antonio Carreño.
 
O concello considera totalmente consolidado o concurso no que na edición do ano pasado gañou a escritora madrileña María Cabezas Ruíz, que acudiu a recoller o premio e amosou a súa satisfacción polo feito de que un concello tan pequeno como Parada de Sil, invista en cultura así como por estar nun lugar máxico chamado Ribeira Sacra que está no camiño de ser declarado Patrimonio da Humanidade.  
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL CHEGA Á SUA QUINTA EDICIÓN