VOLVE TRISTÁN TÉLLEZ V.2, O PRIMEIRO XOGO VIRTUAL DE RIBEIRA SACRA
É HORA DE DOAZÓNS! - AXUDA AS VÍCTIMAS DAS INUNDACIÓNS POLA DANA 2024
COLECTA SOLIDARIA : AFECTADOS INCENDIOS REQUIÁN 2024
XVII ANDAINA DA CASTAÑA 2024
OBRADOIROS DE SAÚDE - S.A.P. CASTRO CALDELAS 2024
A Área Sanitaria de Ourense , Verín e O Barco de Valdeorras dentro do programa de Saúde Comunitaria na Atención Primaria do S.A.P. CASTRO CALDELAS ven ofrecer os seguintes Obradoiros de Saúde neste mes de setembro 2024:
XVII CARREIRA POR MONTAÑA "CANÓN DO SIL" - A DECANA 2024
O Concello de Parada de Sil en colaboración co Clube de Montaña "Ribeira Sacra" convoca a:
XVII Carreira por Montaña " Canón do Sil" - A DECANA 2024 o vindeiro 20 de outubro 2024
PROGRAMA
BÚSCANSE ÁRBORES SENLLEIRAS EN PARADA DE SIL...COÑECES ALGUNHA?
O Concello de Parada de Sil está a impulsar un catálogo no que se recollan as árbores e formacións arbóreas máis importantes das parroquias incluidas no ZEC Canón do Sil (Santa Cristina de Caxide, Santa Mariña de Parada de Sil e Santa María de Chandrexa).
As árbores poden ser autóctonas ou exóticas, atoparse en lugares públicos ou en propiedades privadas, e posuír calquera valor ou singularidade desde o punto de vista histórico, ambiental, cultural, patrimonial, folclórico ou de calquera tipo que as faga merecedoras de formar parte do Catálogo de Árbores Senlleiras do Concello de Parada de Sil.
Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto con Gaspar Bernárdez ou Cristina Yudego, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
JONATHAN MAYER · 21 SETEMBRO · SANTA CRISTINA IN MUSICA 2024
Ciclo de conciertos SANTA CRISTINA IN MUSICA 2024
Jonathan Mayer, sitar
Día: Sábado, 21 de setembro de 2024 Hora: 19:00 hrs.
Lugar: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil, Ourense
Organiza: Concello de Parada de Sil
Coordina: Shelly Art Management Precio: 15,00€
Reserva previa en: EVENTBRITE
Más información en:
https://www.facebook.com/santacristinainmusica/
http://paradadesil.esSanta Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Dirección artística: Conchi da Silva http://www.conchidasilva.com
PROGRAMA
Os ragas de Tagore*
Raga Bhairav mañá (apracible)
Raga Purvi mediodía (místico)
Raga Desh tarde (alegre)
* Raga significa literalmente ‘modo’ ou ‘estado de ánimo’. Na música clásica da India o raga é un esquema melódico baseado nunha serie de notas (entre cinco e sete) e patróns rítmicos característicos, no que se establece un tema e unha improvisación.
Rabindranath Tagore foi un poeta, filósofo, novelista, músico, pintor e dramaturgo nado en Calcuta (India) en 1861. En 1913 outorgóuselle o Premio Nobel de Literatura, polo que se converteu no primeiro escritor non europeo en recibilo. O seu libro de poemas e cancións Gitanjali foi clave para que se lle concedese. Os textos deste concerto pertencen a esa obra. Tagore compuxo infinidade de cancións. Na actualidade dúas delas son os himnos nacionais de Bangladés e India.
Jonathan Mayer, sitar
ANA CRISMÁN · 14 SETEMBRO · SANTA CRISTINA IN MUSICA 2024
Ciclo de concertos SANTA CRISTINA IN MUSICA 2024
Ana Crismán, arpa flamenca
Día: Sábado, 14 de setembro de 2024 Hora: 19:00 hrs.
Lugar: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil, Ourense
Organiza: Concello de Parada de Sil
Coordina: Shelly Art Management Prezo: 15,00€
Reserva previa en: EVENTBRITE
Máis información en:
https://www.facebook.com/santacristinainmusica/
http://paradadesil.esSanta Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Dirección artística: Conchi da Silva http://www.conchidasilva.com
PROGRAMA*
Peculiar Soleá
Fuente de Plaza Plateros Seguiriya
Poesía en 38 cuerdas Tientos
Alameda Vieja Rondeña
Zambra de la Luz Zambra
Alegrías de Cádiz Alegrías
Tangos del Camino Tangos
38 J Bulerías
* tódalas pezas deste programa son composicións de Ana Crismán
Ana Crismán, arpa flamenca
OD(I)OSA TEATRO & DANZA · DOMINGO 25 AGOSTO 2024
O Concello de Parada de Sil anuncia a experiencia de Teatro & Danza de Noelia Nuño e Claudia Darriba no Mosteiro de Santa Cristina o vindeiro domingo 25 de agosto de 2024 ás 19:00 hrs.
SINOPSE: É un teatro-danza da compañía Proxecto Morriña que rescata da memoria galega, máis concretamente do ano 1989, a folga que ocorreu na Illa de Arousa, na conserveira Odosa.
As personas que queiran asistir deberán reservar as súas entradas gratuítas na Oficina Municipal de Turismo de Parada de Sil antes do venres 23 agosto. Reservaranse entradas por riguroso orden de petición e reserva ata completar aforo.
Máis información e reservas no 689683713 ou no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
No email precísase de cada asistente: nome + apelidos + teléfono + email de contacto
Éxito rotundo no Concerto de Guitarra & Voz Xuño 2024
A soprano Gloria Novoa e o guitarrista Francisco Liberona encheron a igrexa do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil co seu fantástico repertorio.
CONCERTO DE GUITARRA & VOZ · FRANCISCO LIBERONA e GLORIA NOVOA · SÁBADO 22 XUÑO 2024
O Concello de Parada de Sil anuncia o concerto do prestixioso guitarrista Francisco Liberona e da maravillosa soprano Gloria Novoa no Mosteiro de Santa Cristina o vindeiro sábado 22 de xuño de 2024 ás 19:00 hrs.
O aforo é limitado a 90 personas e a entrada é gratuíta.
As personas que queiran asistir deberán reservar as súas entradas gratuítas na Oficina Municipal de Turismo de Parada de Sil antes do xoves 20 de junio. Reservaranse entradas por riguroso orden de petición e reserva ata completar aforo.
Máis información e reservas no 689683713 oo no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
GALERÍA DE IMAXES DOS ACTOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 EN PARADA DE SIL
A doutora e homenaxeada Lucía Ferreiro e o alcalde Aquilino Domínguez
O gañador en lingua galega do XII Concurso de Microrrelatos Parada de Sil - Ribeira Sacra 2024: Esteban Decabo e o alcalde Aquilino Domínguez
Agradecemento polas fotografías a Luis Baños/ VISUALQ
DÍA DA ABELLA · ACTOS CONMEMORATIVOS EN TORNO AO 20 MAIO 2024
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
16 MAIO
Montaxe da exposición no salón de plenos do Concello de Parada de Sil co material apícola e cos traballos elaborados polos nenos e nenas da Escola Noviños do Sil.
17 MAIO A 19 MAIO
Exposicion con degustación de mel co seguinte horario:
- Venres 17 maio de 16:30 a 20:00 hrs.
- Sábado 18 maio de 11:00 a 13:30 hrs. e de 16:30 hrs. a 19:30 hrs.
19 MAIO
- 11:45 hrs. Representación do conto "Máis que mel" dos Bolechas na residencia "Luces do Sil" coa asistencia dos nenos e nenas da Escola Noviños do Sil.
- 12:30 hrs. a 13:30 hrs. e 16:30 a 19:00 hrs. Visita á exposición e degustación de mel no salón de plenos do Concello de Parada de Sil.
Patrocina:
HOMENAXE A LUCÍA FERREIRO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024
Doutura Lucía Ferreiro Fernández
Nada o 19 de setembro de 1982 en Ourense pero as súas raíces familiares están nas parroquias de Sacardebois e Barxacova (Parada de Sil), onde pasaba tempadas disfrutando das ensinanzas dos seus avós. Dende moi nova mostrou a súa paixón pola medicina. Formouse no colexio Concepción Arenal e nas Carmelitas, obtendo un brillante expediente académico. Cursou a Licenciatura en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
Sábado, 11 maio 2024 ás 11:30 hrs. na Casa Consistorial de Parada de Sil
PROGRAMA DA HOMENAXE
11:30 hrs.
Saúdo do Alcalde, Aquilino Domínguez
Intervención do Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
11:50 hrs.
Actuación da Coral " AQUA MÚSICA"
12:00 Hrs.
Proxección dun vídeo de recordos da homenaxeada
12:30 hrs.
Intervención do Profesor D. Antón Fernández, da Universidade de Vigo
12:45 hrs.
Intervención da homenaxeada: Doutora Lucía Ferreiro
13:00 hrs.
Homenaxe a Luísa Villalta
Intervención da Coral AQUA MÚSICA
13:15 hrs.
Entrega dos premios da XII Edición do Concurso de Microrrelatos Concello de Parada de Sil - Ribeira Sacra 2024
13:30 hrs.
Actuación da Coral " AQUA MÚSICA"
13:45 hrs.
Colocación dunha placa na casa da homenaxeada en Sacardebois
14:30 hrs.
Petiscos e viño galego en Parada de Sil
ORGANIZA:
COLABORAN:
HORARIO ESPECIAl DE APERTURA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 MAIO 2024
Con motivo do 17 de maio: Día das Letras Galegas os diferentes recursos turísticos terán horarios especiais para ser visitados:
MOSTEIRO DE STA. CRISTINA
Mañán: 10:00 a 14:00 hrs. Tarde: 16:00 a 19:00 hrs.
RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA AO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA
CASA-MUSEO DO CHOCOLATE
Visitas guiadas cada hora:
Mañán: 10:00 I 11:00 I 12:00 I 13:00hrs. Tarde: 16:00 I 17:00 e 18:00 hrs. Últimas visitas ás 13:00 e as 18:00 hrs.
RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA Á CASA-MUSEO DO CHOCOLATE
OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO
Mañán: 10:00 a 14:00 hrs. Tarde: 16:00 a 19:00 hrs.
ATENCIÓN TELEFÓNICA AO VISITANTE: 689 683 713 (tamén whatsapp) // Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CONVÓCASE O XVII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS" · PARADA DE SIL 2024
O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XVII Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2024 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía.
DATA LÍMITE DE ENTREGA: 15 XUÑO 2024
MÁIS INFORMACIÓN EN: 616516238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
BASES DO XVII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS" · PARADA DE SIL 2024
TEATRO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA SÁBADO 20 ABRIL 2024
En colaboración coa reaOU - Rede de auditorios provincial de Ourense preséntase no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil «Arritmia».
Unha obra que é unha historia de vidas vividas, de medos, de desconfianzas, de cansanzos pero tamén de diversión, de emocións e de eternas esperanzas.
Do autor Leonel Giacometto, achegámonos a duas mulleres maiores nunha residencia de anciáns comparten experiencias, lembranzas … e sobre todo tempo e temores. En qué ocuparemos o noso tempo na etapa final das nosas vidas?? A qué teremos medo??
LUGAR: Mosteiro de Santa Cristina
DÍA: sábado, 20 de abril de 2024
HORA: 19:00 hrs.
PREZO: entrada de balde ate completar aforo
- sen reserva previa -
O NADAL CHEGA A PARADA DE SIL CHEO DE ACTIVIDADES PARA DISFRUTAR
REMATE DA EDICIÓN 2023 DO SERVIZO DE "Promoción da Igualdade de Parada de Sil “
Servizo de "Promoción da Igualdade de Parada de Sil” programa financiado coa axuda da Unión Europea
Cos obradoiros damos por rematada a edición deste ano do servizo de "Promoción da Igualdade de Parada de Sil “que achegou actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero a este concello.
Trátase dun proxecto subvencionado con 5.940,00 € pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027
Realizáronse actividades de empoderamento, que son por definición "espazos para as mulleres" polo tanto ademais de dar continuidade a un servizo ben acollido nos últimos anos, quixemos que as mulleres mais vulnerables atopasen unha razón para saír da súa casa e de certas rutinas negativas, para recuperar ilusión, atopar un espazo seguro no que compartir experiencias positivas, desfrutar con outras mulleres, e sobre todo gañar poder e autoestima.
As participantes manifestaron un alto nivel de satisfacción, incrementamos o número de mulleres interesadas nos servizos, e melloramos a situación persoal, social e mesmo contribuímos a mellora das súas posibilidades laborais.
NOVO SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO E PSICOLÓXICO
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Parada de Sil pon a dispor da poboación durante o mes de setembro 2023 os seguintes servizos:
ASESORAMENTO XURÍDICO: Martes de 09:30 a 14:30 hrs. na Casa do Concello
Orientación e asesoramento gratuíto de tipo legal en casos de dereito civil, laboral, de familia, separación, divorcio, estranxeiría, incapacitacións, herdanzas,...
INFORMACIÓN E CITA PREVIA NO 988 20 80 10
ASESORAMENTO PSICOLÓXICO: Venres de 09:30 a 14:30 hrs. na Casa do Concello
Apoio e orientación gratuíta en casos de ansiedade, depresión, problemas emocionais, casos de violencia de xénero, separación, dificultades coa parella, fillos/as,...
INFORMACIÓN E CITA PREVIA NO 988 20 80 10
CANTUS PRIUS FACTUS · 30 SETEMBRO · SANTA CRISTINA IN MUSICA 2023
CANTUS PRIUS FACTUS
Ciclo de concertos SANTA CRISTINA IN MUSICA 2023Maria Bayley (voz, arpa, clavecín e órgano) e Pedro Sousa Silva (frautas)
Día: Sábado, 30 de setembro de 2023 Hora: 19:00 hrs.
Lugar: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil, Ourense
Organiza: Concello de Parada de Sil
Coordina: Shelly Art Management Prezo: 15,00€
Reserva previa en: https://www.eventbrite.com/e/674428703407
Máis información en:
https://www.facebook.com/events/1813120135771640http://santacristinainmusica.eventbrite.com
https://www.facebook.com/santacristinainmusica
http://www.shellyart.com/santacristinainm.../cartel_2023.pdf
http://paradadesil.es
https://www.facebook.com/Turismo-Parada-de-Sil-405562159569987htt
Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Dirección artística: Conchi da Silva
http://www.conchidasilva.com
PROGRAMA "Cantus prius factus": Polifonía portuguesa sobre cánticos e cancións
Maria Bayley estudou no Instituto Gregoriano de Lisboa con Cristiano Holtz (clavecín) e Elsa Cortez (canto). Obtivo o título de clavecinista no Real Conservatorio da Haia (Países Baixos), na clase de Jacques Ogg, é máster en canto no Conservatorio Fontys de Tilburg (Países Baixos), con Vitali Rozynko e Ildikó Hajnal; en teclados medievais e renacentistas na Schola Cantorum Basiliensis (Suíza), con Corina Marti; en Teoría da Música Antiga no Real Conservatorio da Haia, e no ensino do clavecín na Escola Superior de Música de Lisboa (ESML), con Ana Mafalda Castro. Tamén toca a arpa barroca, instrumento que estudou con Emma Huysser e Heidrun Rosenzweig.
Como solista, recibiu o primeiro premio no concurso de clavecín Carlos Seixas, no Concurso Nacional de Clavecín de Portugal e no premio Jóvenes Intérpretes de Música Antigua.
Maria é fundadora do ensemble Ars Lusitana, dedicado á investigación e interpretación do repertorio portugués, vicepresidenta da Asociación Ars Hispana, centrada na recuperación e edición do repertorio español, e cofundadora de Custos Records, co que produciu dous discos.
Son habituales as súas colaboracións con La Academia de los Nocturnos, O Bando de Surunyo, Cantores Sancti Gregorii e Palma Choralis. Tamén participa en proxectos con Bach Koor Holland, Sete Lágrimas, Grupo Vocal Olisipo, Suave Armonia ou La Danserye.
Ofreceu cerca de 200 concertos en Europa e no Brasil, destacando as colaboracións con músicos de renome como Enrico Onofri, Riccardo Minasi, Lawrence Cummings ou Amandine Beyer. Actualmente, desenvolve a maior parte da súa actividade artística co seu grupo Arte Minima, coa orquestra barroca Gli Incogniti, coa que actúa como solista nun programa ao redor dos concertos de J. S. Bach, e co grupo medieval Vozes Alfonsinas.
É profesor na ESMAE desde 2002, onde foi un dos promotores da creación do Curso de Música Antiga e fundador dos estudos de posgrao Polyphonia. É convidado regular das máis prestixiosas institucións musicais internacionais (e.g. Schola Cantorum Basiliensis, Universität für Musik und darstellende Kunst Wien, Joseph Haydn Konservatorium, Koninklijk Conservatorium Brussel, Norges Musikkhøgskole, Akademie für Alte Musik Bremen, Hochschule für Musik Trossingen, Universidade Estadual de São Paulo). Integra actualmente 3 equipos internacionais de investigación en temáticas medievais e renacentistas (proxecto Lost & Found – CESEM-UNL, PI João Pedro d’Alvarega; proxecto Hieronimite Plainchant from Mosteiro de Belém – CESEM-UNL, PI Océane Boudeau, proxecto Chanter les Motets de Phillipe de Vitry – HEM de Genève, PI David Chappuis).
Desde 2007 desenvolve tamén actividade no campo da produción discográfica. Produciu e editou os CDs Arte da Usurpação (Phonoedition 2007) e The Bad Tempered Consort (Challenge Classics 2009) do grupo A Imagem da Melancolia, Volúpia (Numérica 2012) do ensemble Darcos, Royne des Fleurs (CESEM 2021) do ensemble Sesquialtera e In Splendoribus (musicusminusculus 2021) do grupo Arte Minima.
SUITE DIACRÓNICA · 23 SETEMBRO · SANTA CRISTINA IN MUSICA 2023
Suite Diacrónica
Ciclo de conciertos SANTA CRISTINA IN MUSICA 2023Iñaki Alberdi, acordeonista
Día: Sábado, 23 de setembro de 2023 Hora: 19:00 hrs.
Lugar: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil, Ourense
Organiza: Concello de Parada de Sil
Coordina: Shelly Art Management Prezo: 15,00€
Reserva previa en: https://www.eventbrite.com/e/674396828067
Máis información en:https://www.facebook.com/events/957965425258672
http://santacristinainmusica.eventbrite.com
https://www.facebook.com/santacristinainmusica
http://www.shellyart.com/santacristinainm.../cartel_2023.pdf
http://paradadesil.es
https://www.facebook.com/Turismo-Parada-de-Sil-405562159569987
Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra
Dirección artística: Conchi da Silva
http://www.conchidasilva.com
PROGRAMA "SUITE DIACRÓNICA" :Unha viaxe a través do tempo e das danzas populares *
Astor Piazzolla (1921-1992) - Contrabajísimo
Astor Piazzolla - Picasso
Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Chacona, da Partita nº2 en re menor, BWV 1004
Astor Piazzolla - Contrastes
Antonio Soler - Sonata R.45 en sol maior
Astor Piazzolla Pedro y Pedro *
Videos
https://www.rtve.es/.../telediario/td2-acordeon/3823004
https://www.youtube.com/watch?v=qI7GlfWzdtM
Iñaki Alberdi, acordeonista
CONCERTO MAXISTRAL DE GUITARRA · MARCOS DÍAZ · SÁBADO 26 AGOSTO 2023
O Concello de Parada de Sil anuncia o concerto do prestixioso guitarrista Marcos Díaz no Mosteiro de Santa Cristina o vindeiro sábado 26 de agosto de 2023 ás 19:00 hrs.
O aforo é limitado a 90 persoas e a entrada é de balde.
As persoas que queiran asistir deberán recoller as súas entradas gratuítas na Oficina Municipal de Turismo de Parada de Sil antes do sábado 26 de agosto. Entregaránse entradas por rigoroso orde de petición e reserva ate completar aforo.
Máis información e reservas no 689683713 ou no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
TRISTÁN TÉLLEZ, O TEU XOGO ONLINE NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA
OS BENEFICIOS DO NOVO PARQUE BIOSAUDABLE NA ÁREA RECREATIVA "OS TORGÁS"
Este é o panel que atoparedes no parque, onde se explica os beneficios que ofrece e como usar cada unha das máquinas.
Facer exercicio ao aire libre axuda a mellorar a nosa saúde física, mental e emocional. Por iso, o Concello de Parada de Sil acaba de instalar un parque biosaudable na área recreativa "Os Torgás", coa financiación da:
- Unión Europea
- Fondos Next Generation UE
- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
- Ministerio de Sanidade
- Goberno de España.
O uso dos parques biosaudables teñen numerosos beneficios:
Animamos a todas as veciñas e veciños a incluír estes exercicios na súa rutina diaria!
-
Aquí vai unha proposta:
- Ide camiñando ata "Os Torgás".
- Podes mellorar a mobilidade dos ombros facendo xirar o volante nun sentido e noutro.
- Despois podes axudar a mellorar a túa respiración e o corazón co Climber.
- Se te sentes con enerxía, podes continuar mellorando a forza das túas pernas coa máquina de Extensión.
- E antes de emprender o regreso camiña ata o "Curral do Penso" ou aos "Balcóns de Madrid" e fai varias respiracións profundas mentres desfrutas da bela paisaxe que te rodea.
Fai isto varias veces á semana, vai cambiando de máquinas, e.. de seguro que te vas a sentir máis forte e alegre!
NOVO PARQUE BIOSAUDABLE NA ÁREA RECRETIVA "OS TORGÁS"
O Concello de Parada de Sil instalou recentemente un parque biosaudable na área recreativa Os Torgás
O parque está formado por 5 elementos conforman un circuíto básico que mellora a mobilidade dos membros inferiores, dándolle coordinación e equilibrio ao corpo, e aumenta a capacidade pulmonar.
O uso dos parques biosaudables teñen numerosos beneficios:
- Neles, facemos exercicio ao aire libre, o que mellora o noso ánimo e a nosa autoestima.
- Axúdanos a ter mellores niveis de vitamina D, moi importante para ter uns ósos e defensas fortes.
- É bo para a respiración, a circulación, prevén lesións e fai que nos recuperemos delas moito antes etc.
- Traballamos a nosa memoria e atención, dános alegría e vitalidade e axúdanos a ser persoas máis autónomas.
- E coincidimos cos nosos veciños e veciñas, así que ademais de realizar exercicio, é un momento para desfrutar da socialización.
A esta actuación destinouse un orzamento de 20.000 €, que se acolleu ás axudas para a promoción de estilos de vida saudables a través da creación ou rehabilitación de contornas.
HOMENAXE A LUÍS BAÑOS CAMPO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023
Luís Baños Campo
Nado en Ourense, o 6 marzo de 1965, séntese de Caxide en Parada de Sil, a través do seu amigo Iván, presidente da Asociación de Veciños, tivo a sorte de coñecer o concello, ás súas entrañables xentes, o seu rico patrimonio e contorna natural. Sendo un guía que convida ás persoas que se atopa tanto en Ourense coma fóra, a que o coñezan.
Na súa cociña hai unha xanela aberta ao Canón do Sil, e sempre que pode está disposto a colaborar no que sexa necesario para difundir as actividades que se realizan no concello e axudar aos veciños.
Nos audiovisuais que realiza procura introducir planos e imaxes de Parada de Sil, na súa vida está presente este territorio tan fascinante.
Sábado, 13 maio 2023 ás 11:30 hrs. na Casa Consistorial de Parada de Sil
PROGRAMA DA HOMENAXE
11:30 hrs.
Saúdo do Alcalde, Aquilino Domínguez
11:50 hrs.
Intervención do Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
11:50 hrs.
Actuación da Coral " AQUA MÚSICA"
12:00 Hrs.
Proxección dun vídeo de recordos do homenaxeado
12:30 hrs.
Intervención de Lalo Pavón, xornalista
12:45 hrs.
Intervención do homenaxeado: Luís Baños Campo
13:00 hrs.
Entrega dos premios da XI Edición do Concurso de Microrrelatos Concello de Parada de Sil - Ribeira Sacra 2023
13:15 hrs.
Actuación da Coral " AQUA MÚSICA"
14:30 hrs.
Petiscos e viño galego en Parada de Sil
ORGANIZA:
COLABORAN:
O MUSEO DO CHOCOLATE DE PARADA DE SIL COLABORA CO CEIP DE O COUTO NA DIVULGACIÓN DA RIBEIRA SACRA
O MUSEO DO CHOCOLATE DE PARADA DE SIL COLABORA CO CEIP DE O COUTO NA DIVULGACIÓN DA RIBEIRA SACRA
(Luns 24 abril 2023)
O MUSEO DO CHOCOLATE ACHEGOUSE ATA O COLEXIO SANTO ÁNGEL DE OURENSE
O MUSEO DO CHOCOLATE ACHEGOUSE ATA O COLEXIO SANTO ÁNGEL DE OURENSE
(Venres 14.04.2023)
Os alumnos de terceiro curso de primaria do Colexio Santo Ángel viviron unha agradable experiencia lúdica nas aulas coas explicacións sobre a orixe e o funcionamento do Museo do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, único en Galicia das suas características. A charla didáctica correu a cargo de Rosa Casares, integrante da propiedade do inmoble e a maquinaria que o acolle, e que cederon gratuitamente ao concello hai dez anos para que se poidera pór en marcha alí o museo.
As explicacións consistiron na definición da froita do cacao que da orixe ó chocolate, que procede de países tropicais de África e América e que logo se trata e se mezcla con outros produtos como azucre ou leite para elaborar as distintas modalidades de chocolate. Os nenos amosaron grande interese no proceso e ó final poideron degustar o chocolate que se vende no Museo, agasallo do concello de Parada de Sil.
PASARELAS DO RÍO MAO ABERTAS DENDE 31 MARZO DE 2023
COMUNICADO DE CULTURA e TURISMO DE PARADA DE SIL
Comunícase a tódolos interesados que dende hoxe 31 de marzo 2023 xa ESTÁN ABERTAS as Pasarelas do río Mao.
La ruta PR-G 177 RUTA CANÓN DO RÍO MAO está aberta incluindo ese tramo de percorrido.
¡Boa andaina!
Más información en el TELÉFONO de ATENCIÓN AL VISITANTE de 10:00 a 19:00 hrs. : +34 689 683 713
Desexamos un Bó Nadal e un Próspero Aninovo 2023 dende a Corporación Municipal de Parada de Sil
FIN DA TEMPADA TURÍSTICA EN PARADA DE SIL 2022
Comunicamos que dende o 12 de decembro 2022 ata 19 marzo de 2023 permanecerán pechados ás visitas:
- O Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil
- A Casa-Museo Fábrica de Chocolate
- A Oficina Municipal de Turismo na casa consistorial
Nestas datas haberá un servizo de Atención ao Visitante sóamente vía telefónica no 689683713 de luns a venres de 10:00 a 14:00 hrs.
Grazas pola comprensión e feliz Ano Novo!
Nestas datas pódese visitar os seguintes recursos turísticos en Parada de Sil abertos todo o ano:
Nadal en Parada de Sil
Este Nadal poderás visitar o Belén Monumental de Parada de Sil feito polo noso veciño D. Jose Campos ao longo da súa vida, recreando escenas do rural e mesmo unha reprodución a escala do Mosteiro de Sta. Cristina.
Lugar: Capela de San Ramón
Horario: Aberto tódolos días de 10:00 a 18:00 hrs. Entrada gratuita.
O xoves 15 de decembro teremos un Obradoiro de adornos de Nadal no concello. Prazas limitadas. Chama ao 988208010 para reservar a túa praza.
O vindeiro xoves 5 de xaneiro de 2023 teremos a Cabalgata de Reis polas rúas de Parada ata que As Suas Maxestades cheguen ao salón de Plenos onde será recibidos polo Alcalde para a entrega de regalos para os cativos asistentes.
IX FESTA DA PISA DA CASTAÑA DE GALICIA - SÁBADO 26 NOVEMBRO 2022
IX Festa da Pisa da Castaña de Galicia
Día: sábado 26 de novembro 2022
IX Feira de Produtos Artesanais
11:30 hrs.: Recreación da Pisa da castaña
13:00 hrs.: Degustación de petiscos elaborados con castañas
14:00 hrs.: IX Xantar Popular da Castaña, con carpa e calefacción. Prezo: 15,00€/persoa.
Menú: empanada, polbo, carne ao caldeiro, flan de castañas, pan e viño.
Venda anticipada nos bares e no Concello de Parada de Sil
+ INFO e RESERVA no 988208010 e no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CHARLA-PONENCIA " ARREDOR DOS SOUTOS: CIENCIA, CULTURA E FUTURO EN PARADA DE SIL
O Concello de Parada de Sil convida a tódolos residentes e interesados nos soutos e no mundo da castaña a participar na Ponencia:
ARREDOR DOS SOUTOS: CIENCIA, CULTURA E FUTURO EN PARADA DE SIL
Nela presentarase o traballo dos 3 alumnos do Campus Rural que acollimos este verán no noso concello e que traballaron no eido dos castiñeiros: enfermidades, pragas, coidados, etc... así como inventariar os invertrebrados e anfibios das nosas pozas e regatos.
Alba Montenegro da Universidade de Vigo, Rubén Domínguez da Universidade de A Coruña e Jonathan Castaño da Universidade de Santiago de Compostela fixeron un valioso traballo de escolma de diferentes aspectos para coidar e fructificar, se cabe ainda máis, os castiñeiros de Parada de Sil.
Tamén participarán na Ponencia Dª Josefa Fernández López, xenetista e 1ª Enxeñeira de Montes de Galicia, Dª Mónica Bizarro Pérez, Asociación de Donos de Soutos de Parada de Sil e D. Francisco Magide Bizarro, concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil e titor dos alumnos en prácticas.
Estes alumnos foran elexidos polo Programa Campus Rural de España 2022. «Campus rural», é un programa de prácticas —tanto curriculares como extracurriculares— destinado aos estudantes de grao e máster. O obxectivo desta iniciativa é que os universitarios de calquera titulación oficial completen a súa formación mediante a realización de prácticas académicas no ámbito rural e en zonas con problemas de despoboamento. Para cumprilo, as Universidades de todas España ofertan bolsas para traballar en calquera institución ou empresa que desenvolva a súa actividade en municipios con menos de 5000 habitantes.
ROTEIRO INTERPRETATIVO " AS MEMORIAS DO MAO" - DOMINGO 2 OUTUBRO 2022
Roteiro interpretativo " As Memorias do Mao"
Data: domingo 2 de outubro 2022
Roteiro duns 5 kms. (dificultade moderada) con visita interpretativa polo Canón do Mao e ao final degustación de produtos no restaurante O Curtiñeiro
Grupo máximo de 30 persoas. Reserva previa por rigoroso orde de chamada.
Actividade de Balde.
MOI IMPORTANTE : OBRIGATORIO INSCRIBIRSE NOS SEGUINTES TELÉFONOS:
+ info e reservas en 678 602 928 - 648 602 732
PARADA DE SIL CONTA CUN NOVO APARCADOIRO PÚBLICO NO CENTRO DA VILA E ZONAS VERDES
XV CARREIRA DE MONTAÑA CANÓN DO SIL 2022 - A DECANA
A Decana 2022 prepárase para facer a XV CARREIRA POR MONTAÑA “ CANÓN DO SIL” o vindeiro 23 de outubro 2022.
INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento?search=canon+do+sil
+ INFO: http://www.ribeirasacracm.org/xv-carreira-por-montana-cano…/
Anímate a disfrutar A DECANA!!!!
AVISO DE PECHE DO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA POR GRABACIÓN DE FILME
O Concello de Parada de Sil comunica que os vindeiros días luns 12 e martes 13 de setembro 2022 o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes e veciños porque vaise proceder a grabación dun película no interior do mosteiro e na súa contorna.
Queda terminantemente prohibido acceder ao Mosteiro:
- Pola estrada de acceso dende Castro ata o Mosteiro.
- Polo sendeiro PR-G 98 Canón do Sil-Sta. Cristina no tramo de desvío ata o mosteiro.
Grazas pola súa colaboración!
GAÑADORES DO XV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ROSA PONS 2022
VISIÓNS DE PARADA DE SIL
1º PREMIO · O MOSTEIRO AGOCHADO de Adriana Mateo Fernández · OURENSE
2º PREMIO · LOS ARCOS de Jose Manuel Maiquez Mijares · Fuenjirola - MALAGA
TEMA LIBRE
1º PREMIO · UNHA MIRADA 360 OURENSE de Fernando Saco Vidal · OURENSE
2º PREMIO · ESPIRITU DE LIBERTAD de Antonio Farto Casado · Madrid
Parabéns a tódolos gañadores e grazas a todos por particIpar con tanta calidade coas vosas cámaras fotográficas!
CICLO DE CONCERTOS "SANTA CRISTINA IN MUSICA" 2022
SÁBADO 17 SEtEMBRo 2022
Nubas e melodías de al-Ándalus - Iman Kadoussi, voz e percusións & Aziz Sam
LUGAR: mosteiro de sta. cristina
hora: 19:00 hrs.
PREzO: 15,00€
venda de entradas obrigatorio con antecedencia en: sta. cristina in musica - nubas e melodías de al andalus
ou ben venda previa na oficina municipal de turismo de parada de sil.
SÁBADO 24 SETEMBRo 2022
STABAT MATER DE LUIGI BOCCHERINI - ROSANA ORSINI e JOSE MANUEL DAPENA
LUGAR: MOSTEIRO DE STA. CRISTINA
HORA: 19:00 HRS.
PREzO: 15,00€
VENdA DE ENTRADAS OBrIGATORIO CON ANTEcedencia EN: STA. CRISTINA IN MUSICA - STABAT MATER
Ou BEN VENdA PREVIA NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DE PARADA DE SIL.
PASARELAS DO MAO E SENDEIROS DE PARADA DE SIL ABERTOS DENDE HOXE
Dende o Concello de Parada de Sil comunícamos que dende hoxe xa se fixeron a retirada de ramas e árbores caídas nos diferentes roteiros, así como a condicionamento das Pasarelas do Mao; polo que xa están ABERTAS aos visitantes e residentes:
- As pasarelas do río Mao
- O sendeiro homologado PR-G 98 CANÓN DO SIL - STA. CRISTINA
- O sendeiro homologado PR-G 177 CANÓN DO RÍO MAO
- O sendeiro de Carriozas e castiñeiros
Grazas pola paciencia e comprensión destes días.
PASARELAS DO MAO E SENDEIROS DE PARADA DE SIL PECHADOS ATA NOVO AVISO
Dende o Concello de Parada de Sil comunícase que:
- As pasarelas do río Mao
- O sendeiro homologado PR-G 98 CANÓN DO SIL - STA. CRISTINA
- O sendeiro homologado PR-G 177 CANÓN DO RÍO MAO
- O sendeiro de Carriozas e castiñeiros
PERMANECERÁN PECHADOS CON MOTIVO DA TORMENTA - TORNADO ATA NOVO AVISO
xa que provocou multitude de caída de árbores que impiden o paso ademáis da súa retirada tamén temos que repor elementos como barandas destruidas nas pasarelas do Río Mao.
Grazas pola compresión. Desculpen as molestias.
PARADA DE SIL LOGRA UN BECARIO DO PROGRAMA “Campus Rural 2022”
ROMARÍA DE SAN BIEITO 2022 NO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA
O vindeiro Domingo, 10 de xullo de 2022 no Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil celebraremos a nosa romaría máis querida.
Eucaristía e procesión na honra de San Bieito, Patrón de Europa, ás 12:00 hrs.
Amenizarán a Romaría na procesión e despois da misa o grupo de gaiteiros “Os Trabazos”
NOTA IMPORTANTE:
- Os veciños de Parada de Sil que o desexen poden baixar co seu coche particular ata o mosteiro. Protección Civil estará na barreira de acceso ao mosteiro para deixalos pasar.
- Os visitantes teñen prohibido a visita ao Mosteiro ata as 16:00 hrs. Non poderán baixar ata o mosteiro pola mañán. Soamente baixarán os residentes de Parada de Sil que vaian a romaría no seu vehículo particular ou no Bus-lanzadeira. A igrexa soamente se abrirá para a misa e procesión. Non estará aberta aos visitantes.
- O Bus-lanzadeira será gratuito para todos aqueles residentes de Parada de Sil que baixen á romaría. Non é necesario reservar con antelación. Ate completar as prazas.
- Saídas do Bus-lanzadeira ás 10:45hrs. e ás 11:30 hrs. con posterior retorno a Parada de Sil.
O CORO NUR ACTUARÁ NO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA
OBRADOIRO "CONSERVANDO FROITAS E VERDURAS"
ANÓTATE NO CONCELLO DE PARADA DE SIL NO TELÉFONO: 988 20 80 10
LÍMITE DE PRAZAS!!!!
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2022
Delfín Caseiro, Antonio Carreño, Beatriz Coira (2º premio), Belén Jácome (3º Premio), Aquilino Domínguez e Arturo Fernández
O presidente do xurado do X Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil 2022, D. Antonio Carreño
Delfín Caseiro, coma xurado entrega o 2º premio do concurso a Beatriz Coira
Arturo Fernández coma partícipe do xurado do concurso, entrega o 3º premio do Concurso a Belén Jácome
Veciños de Parada encheron o Salón de Plenos con motivo da entrega de premios do X Concurso de Microrrelatos 2022
HOMENAXE Á CORAL AQUA MÚSICA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Parada de Sil retomaba neste sábado 14 de maio a celebración das Letras Galegas, logo de dous anos de parón por mor da pandemia. Neste acto, celebrado nunha Casa Consistorial chea de público, ademais de homenaxear ao autor escollido este ano, Florencio Delgado Gurriarán, o Concello recoñecía novamente o labor dunha persoa ou colectivo que se teña distinguido polo seu traballo en favor de Parada ou teña contribuido dalgún xeito á promoción ou engrandecemento da vida socioeconómica ou cultural destes municipio. Nesta ocasión a distinción recaía no grupo de música coral Aqua Música, presidido por Antonio Fernández e dirixido por María del Carmen González Álvarez, ambos vencellados a Parada de Sil, e que se encargan da organización do certame anual de música coral.
Parabéns Coral Aqua Música!
Día das Letras Galegas 2022 en Parada de Sil homenaxe á Coral Aqua Música
O prestixioso xornalista, Lalo Pavón encargóuse do laudo a nosa coral
O noso concelleiro de Cultura e Turismo, Paco Magide agradecendo os 10 anos da coral
O noso alcalde, Aquilino Domínguez entrega a distinción nestas Letras Galegas 2022 á directora da coral AQUA MÚSICA Mª José González
A nosa concelleira, Rosa Sánchez entrega unhas flores á directora da coral Aqua Música
Unha das interpretacións musicais que nos deleitou a coral na súa homenaxe
En primeiro plano os compoñentes da Coral Aqua Música arropada polos veciños de Parada de Sil que acudiron á homenaxe
CONVOCADO O XV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS" 2022
O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XV Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2022 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía.
BASES do concurso aquí: XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS" 2022
+INFO e consultas en: Tel. +34 616 516 238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
PARADA DE SIL, LÍDER EN RECICLAXE
PLATAFORMA VIDEOXOGO VIRTUAL TRISTÁN TÉLLEZ ADIADO PARA O 30 DE ABRIL 2022
Pregamos desculpen as molestias.
CONCERTO DE ARPA ANDREW LAWRENCE - KING NO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA DE RIBAS DE SIL
Andrew Lawrence-King, arpa (Estonia)
Domingo, 1 de maio de 2022 ás 19:00 hrs. · AFORO LIMITADO
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil · Parada de Sil · Ourense
Prezo: 15,00€
Entradas á venta dende hoxe no Mosteiro de Sta. Cristina ou en: COMPRA ENTRADA CONCIERTO ANDREW LAWRENCE-KING
WORKSHOP DE MURALISMO NA FÁBRICA DA LUZ
Workshop de Muralismo con Cestola na Cachola na Fábrica da Luz (Parada de Sil)
O prezo da xornada será de 60€/participante.
+INFO e INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 679 060 509 · 679 827 573
PRESENTACIÓN DO LIBRO " A FÁBRICA DE CHOCOLATE EN TEIMENDE"
O Concelleiro de Cultura e Turismo , Paco Magide e o noso alcalde, Aquilino Domínguez seguen a por en valor o patrimonio material e inmaterial do noso concello pretendendo ademais consérvalo e melloralo.
Dí o noso alcalde que: "Conservar a memoria é construír un futuro acertado sobre bases sólidas."
Un paso importante nese longo camiñar é a presentación do libro de José L. Fernandez Carnicero o vindeiro sábado 26 de marzo ás 12:00 hrs. no local social da veciñanza en Teimende, moi preto da Casa- Museo do Chocolate de Galicia.
O libro titúlase: "“A FÁBRICA DE CHOCOLATE DE TEIMENDE”.
A edición do libro conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este libro recolle a través de moitos documentos información todo o proceso de fabricalo chocolate, as dificultades de conseguir materias primas de calidade, sobre todo na postguerra. Reséñanse moitas anécdotas, como os escritos de o médico da época, dicindo que había moitas mulleres embarazadas para que así lle permitisen unha maior cantidade de cacao. A salientar tamén o marketing, a publicidade ,o deseño dos anuncios e dos vales de promoción que eran produto do maxín do chocolateiro Ricardo Casares.
Tamén se recolle no libro unha entrevista ás dúas fillas do chocolateiro, que de nenas traballaron na fábrica e que chegaba a producir 200 tabletas diarias. E que como é lóxico aportan moito coñecemento sobre a produción de chocolate artesanal no medio rural.
Contamos coa túa presenza! Estás convidado/a!
Día: Sábado 26 marzo 2022 · Hora: 12:00 hrs. · Lugar: Local Social de Teimende
+INFO en 689 683 713 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ESPECTÁCULO MUSICAL: "TRANVÍA DE NADAL"
- Espectáculo musical de 55 min para cativos de máis de 3 anos e adultos
- Día: Luns 27 de decembro 2021
- Hora: 12:00 hrs.
- Lugar: Salón de Plenos do Concello
- Entrada de balde e sen reserva ata cubrir o aforo que é limitado.
- Protocolo Covid
TURISMO DE GALICIA MELLORA OS MIRADOIROS DE PARADA DE SIL
Nava Castro, Directora da Axencia de Turismo de Galicia ven de conceder ao Concello de Parada de Sil unha axuda de 30.000,00€ para acondicionar os miradoiros do noso concello.
Agradecemos desde Parada de Sil esta subvención!
PRESENTACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
25 DE NOVEMBRO LOITANDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO - GDR 2021
Inscricións e máis información:
O aforo será limitado polo que, no suposto de que os inscritos superen o aforo, terase en conta á orde de inscrición por concellos.
XIV ANDAINA DA CASTAÑA · PARADA DE SIL 2021
Máis información en: www.ourodosil.org
INSCRIPCIÓNS en: XIV ANDAINA DE CASTAÑA 2021
MIRADOIRO DE CABEZOÁS PECHADO POR REFORMA E MANTEMENTO
Comunícase que desde mañán martes 26 de outubro ata sábado 20 de novembro o Miradorio de cabezoás permanecerá pechado por mantemento e reformas.
Por favor non accedan ao mesmo ainda que non haxa traballadores reformando o miradoiro!
PARADA DE SIL XA É BANDEIRA VERDE DE GALICIA
Parada de Sil é premiada coa Bandeira Verde de Galicia. Paco Magide, como Tenente alcalde e concelleiro de Cultura e Turismo recolleu o galardón xunto con nove concellos: catro son de Lugo (Alfoz, Mondoñedo, Outeiro de Rei e Sober); tres, da Coruña (Curtis, Ordes e Porto do Son), un, de Ourense (Parada de Sil), e un, de Pontevedra (Moaña).
A entrega da Bandeira Verde celebrouse o pasado mércores 19 de outubro en Outeiro de Rei, onde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acudiu ao acto, no que destacou a riqueza natural e ambiental como un valor de Galicia e como unha posibilidade económica en alza.
O titular do executivo autonómico encomiou o traballo dos concellos que lograron este distintivo, pois son, dixo, símbolo do coidado da Galicia Verde. Tamén destacou que a creación desta bandeira era un trazo que singularizaba a Galicia fronte a outras comunidades autónomas.
Os municipios que recolleron o galardón foron recoñecidos por traballos de coidado e de mellora de diversos lugares naturais. Trátase dunha convocatoria que organiza a Consellería de Medio Ambiente e na que as actuacións son avaliadas por un comité.
O tenente alcalde de Parada de Sil, Paco Magide, afirma que a consecución da bandeira é en certo xeito un premio a unha estratexia iniciada hai anos, pensada para asentar poboación, coidar a contorna monumental e paisaxística, crear emprego e dinamizar o municipio.
Felicidades Parada de Sil polo galardón e por asentar bases de futuro coidando o noso legado natural e etnográfico!
XIV CARREIRA POR MONTAÑA "CANÓN DO SIL" · A DECANA 2021
INSCRIPCIÓNS en: www.championchipnorte.com
+ INFO: XIV CARREIRA POR MONTAÑA CANÓN DO SIL· A DECANA 2021
CATA DE INICIACIÓN Á RIBEIRA SACRA- CURSO GRATUÍTO
+INFO e RESERVAS: Mercedes: 689 292 675 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CURSO MINDFULLNESS EN PARADA DE SIL OUTONO 2021
Experiencia formativa cun referente nacional do Mindfullness, de tres días de duración, sobre baños de bosque, mindfullness, creatividade, felicidade,...para que as aprendizaxes poidan utilizarse a nivel persoal, empresarial, profesional ou turístico.
Prezo: 30,00€
Lugar: Concello de Parada de Sil
Días: Mércores 27 ao venres 29 de outubro 2021 incluido.
Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 hrs.
+INFO e RESERVAS EN: www.ribeirasacra.org / 638 823 592 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A CAIDA DA FOLLA NA RIBEIRA SACRA 2021
O outono máis agardado en Ribeira Sacra xa está aquí! Regresa o clásico programa "A Caída da Folla" en Ribeira Sacra, cunha combinación de plans outonais do máis variado e, moitas novidades!
Camiños de Santiago, turismo activo, micoloxía, recollida da oliva, apiturismo, relaxación, fitoterapia, gastronomía,..., valo perder?
Máis información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
OBRADOIRO DE TERRARIOS
Lugar: Concello de Parada de Sil
Data e Hora: Mércores 14 de outubro ás 17:00 hrs.
Asistentes: Mulleres de tódalas idades.
Aforo máximo: 12 vagas
Reserva previa no Concello no 988 20 80 10
PROXECTO DE INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA NO CONCELLO DE PARADA DE SIL
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: VEN DESCUBRIR A LUZ DE PARADA DE SIL!
- Punto de encontro : (ambos días): diante do Concello de Parada de Sil
- Material necesario: teléfono móbil ou cámara e roupa e calzado cómodo.
- Incluído no programa: clases teóricas e prácticas con Rosa Veiga, visitas aos recursos e monumentos de Parada de Sil, almorzo benvida e xantar do sábado 4.
FEIRA DE ARTESANÍA EN PARADA DE SIL
- mantendo o espazo entre os distintos postos de venda
- xel hidroalcohólico en cada posto
- uso de máscara obrigatoria para todos os asistentes.
Estades convidados a vir!
TRATAMENTO ANTICHOIVA E ANTIMOSQUITOS GRATUÍTO
A empresa CARGLASS estará na Praza do Barquilleiro o vindeiro xoves 5 e venres 6 de agosto de 10:00 a 14:30 hrs. aplicando GRATUÍTAMENTE un tratamento antichoiva e antimosquitos. Aplícase un efecto hidrófugo ao parabrisas do vehículo, que consegue que as gotas de auga apenas toquen o parabrisas e esbaren rápidamente.
INAUGÚRASE O BUS-LANZADEIRA DENDE PARADA DE SIL AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA
DOAZÓN DE SANGUE EN PARADA DE SIL
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen. No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños.
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para graduar a afluencia de doadores, evitando esperas.
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Parada de Sil.
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA CASA DO CONCELLO DE PARADA DE SIL: Martes, 3 de Agosto 12:30 a 14:00 horas
AVISO: OFICINA DE TURISMO CERRADA DEL 22 AL 25 DE JULIO 2021
AVISO: OFICINA DE TURISMO PECHADA DO 22 AO 25 DE XULLO 2021
HORARIOS e SERVIZO DO BUS-LANZADEIRA AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA
RESERVA AQUÍ O SERVIZO DE LANZADEIRA A SANTA CRISTINA: LANZADEIRA A STA. CRISTINA
BANDO DE ACCESO AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA EN XULLO E AGOSTO 2021
Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en diferentes zonas de Parada de Sil - Área II
Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en diferentes zonas de Parada de Sil - Área I
HORARIOS E CONEXIÓNS DE AUTOBÚS CON PARADA DE SIL
- Ourense ciudad: RUTA XG60554
- Cristosende: RUTA XG61314
- Castrocaldelas – Portela: RUTA XG604503
- Castrocaldelas – Rabacallos: RUTA XG64504
¿Cómo pedir el servicio de autobuses?
¿Tengo que llamar siempre para coger un autobús?
¿Cuándo llamar?
¿Qué necesito para llamar?
¿Debo llamar para anular la reserva si finalmente no voy a viajar?
¿Tengo que hacer algo al subir al autobús?
¿Podré subir al autobús si no hice la reserva?
¿Puedo hacer las reservas por otros medios?
Aplicaciones móviles
HORARIOS E CONEXIÓNS DE AUTOBÚS CON PARADA DE SIL
- Ourense cidade: ROTEIRO XG60554
- Cristosende: ROTEIRO XG61314
- Castrocaldelas – Portela: ROTEIRO XG604503
- Castrocaldelas – Rabacallos: ROTEIRO XG64504
Como pedir o servizo de autobuses?
Teño que chamar sempre para coller un autobús?
Cando chamar?
Que necesito para chamar?
Debo chamar para anular a reserva se finalmente non vou viaxar?
Teño que facer algo ao subir ao autobús?
Poderei subir ao autobús se non fixen a reserva?
Podo facer as reservas por outros medios?
Aplicacións móbiles
PROYECTO HOLAPUEBLO 2021
- Mover la economía local y repoblar nuestro municipio con personas interesadas en nuestro término a nivel laboral y personal.
¡INSCRÍBETE AQUÍ!
PROXECTO HOLAPUEBLO 2021
- Mover a economía local e repoboar o noso municipio con persoas interesadas no noso municipio a nivel laboral e persoal.
INSCRÍBETE AQUÍ!
CAMPAMENTOS XUVENÍS "O VERÁN QUE MERECES" 2021
MELLORA DO CAMIÑO DE CASADOVENTO AO MONTE DO ESPIÑEIRO (Parada de Sil, Ourense)
MEDIDA 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan Marco de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021
O Concello de Parada de Sil dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, busca facilitar o acceso ás fincas dos vecinos do Concello. Estáse a acometer unha actuación de mellora do camiño Casadovento ao Monte do Espiñeiro. Deste xeito preténdese evitar o despoboamento do rural e facilitar a competitividade agraria por iso se elixíu este camiño nunha zona do concello con importante actividade gandeira.
O camiño dá acceso no seu primeiro tramo a trece parcelas na actualidade con produción de pasto. Nun segundo tramo de acceso a parcelas abandoadas e a monte comunal infrautilizado; tentando revalorizar a zona e procurando a súa explotación futura.
O importe da obra é de 38.632,88 euros e foi axudicada á empresa “Hermanos Díaz Caldelas”. Para o ano 2020 o importe subvencionable por AGADER foi de 15.964,00€ e para o ano 2021 o importe subvencionable é 15.964,00€.
A intervención consiste en desbroce e retirada de vexetación nun tramo de 1.327 metros e en regularizar o firme existente con saburra.
Ademais, para evitar que se deteriore coas choivas, poranse drenaxes e pases de auga nos lugares que sexan necesarios. Agardando que no prazo dun mes, a veciñanza de Parada de Sil poda utilizar este camiño, hoxe prácticamente inservible e que poida pasar con maquinaria moderna.
A FABRICA DA LUZ XA TEN LUZ!
No día de hoxe fíxose a conexión da luz eléctrica a Fábrica da Luz de Parada de Sil. Era paradóxico que A Fábrica da Luz non tivera conexión a corrente eléctrica e se sumunistrase soamente a través de placas fotovoltáicas claramente insuficientes para a dimensión do edifciio.
Esta obra que supón unha mellora substancial para un aproveitamento integral do establecemento denominado Fábrica da Luz, en Barxacova, Parada de Sil, tivo un coste definitivo de 98.650 euros. Así non depende só da enerxía solar e o período de apertura poderá ser de máis meses ó longo do ano, con menos custe para empresa xa que o grupo electróxeno non se terá que conectar. No día de hoxe UFD procedeu a conexión que só entrará en funcionamento cando o abastecemento de fotovoltaica a través das placas solares non sexa suficiente.
O concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil, Paco Magide, manifesta que hoxe é un gran día xa que supón “o remate a un proceso comenzado fai máis de cinco anos, cando se solicitou, e a pretensión era que o Concello a debía traer a media tensión dende Cristosende, algo inviable polo custe económico e polo impacto sobre a paisaxe e que levou a efectuar varias viaxes a Coruña para tratar de modificar esa decisión.
Despois de moitas negociacións con distintas instancias e de cinco anos, “a luz chegou a un establecemento que era Fábrica da Luz dende 1926 e agora vai un tramo en aéreo dende o pobo de Barxacova e na súa maior parte vai o cableado soterrado evitando calquera impacto paisaxístico.
Nesta obra o INEGA aportou 15.000 euros e a Deputación provincial 14.000 euros, sendo o resto de fondos propios do Concello. A actuación foi executada pola enxeñería Proieco de Ourense a a empresa Teyca-GA, que fixo a obra en tempo récord e a quen dende o Concello se lle agradece o esforzo.
O concello de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide, diante do transformador, cos enxeñeiros e as persoas xerentes da Fábrica da Luz.
FEIRA DE ARTESANÍA EN PARADA DE SIL
Este Sábado Santo, 3 de abril de 2021 o Concello de Parada de Sil acolle a Feira de Artesanía onde poderás atopar marmeladas, castañas secas, produtos naturais, queixos, artesanía en coiro, etc. Todo da man de artesáns da nosa contorna, da terra de Caldelas.
A Feira estará aberta desde as 10:00 da mañán ata as 18:00 da tarde no centro da vila na Praza do Curtiñeiro.
Con tódalas medidas de seguridade para visitala: mantendo o espazo entre os distintos postos de venda, xel hidroalcohólico en cada posto e uso de máscara obrigatoria para todos os asistentes.
APERTURA DE TEMPADA TURÍSTICA EN PARADA DE SIL
O Concello de Parada de Sil abriu o 19 de marzo a tempada turística 2021.
O Mosteiro de Sta. Cristina. a Casa- Museo Fábrica de Chocolate e a Oficina de Turismo xa están abertas para acoller a tódos aqueles visitantes que queiran visitarnos.
Sexan benvidos!
Os nosos horarios:
O CONCELLO CONVOCA A NOVENA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PRADA DE SIL
O concello de Parada de Sil ven de convocar a novena edición do concurso de microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, que estará aberta para a presentación de traballos ata o próximo 30 de marzo de 2021. O fallo do xurado darase a coñecer o 7 de maio, en tanto que a entrega de premios terá lugar o 15 do mesmo mes no salón de actos do concello, durante o acto de celebración das Letras Galegas que cada ano celebra o concello de Parada.
De acordo cas bases, o certame concederá tres premios, o primeiro dotado con 1.000 euros; o segundo, con 500 euros e o terceiro con 300. O xurado, como é habitual, estará presidido polo escritor, catedrático e hispanista Antonio Carreño e integrado por persoas de recoñecida solvencia no mundo das letras e a literatura.
A gañadora da última edición (2020) foi a palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, baseado no título de filmes recoñecidos no mundo do cinema. A autora fíxose co premio despois de que o xurado considerara a sua obra a mellor dos 1.044 traballos presentados a concurso, que supuxeron un récord de participación e tamén de lugares de procedencia, que abarcaron todas as comunidades españolas, Europa, América e ata Israel.
A entrega de premios da VIII edición desenvolveuse nun acto atípico, adaptado ás normas restrictivas derivadas da pandemia da COVID 19. Neste senso, tanto o alcalde, Aquilino Domínguez, como o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, amosan a sua confianza de que na edición de 2021 sexa posible recuperar a normalidade para a cerimonia de entrega de premios e de celebración das Letras Galegas, que pola sua importancia e repercusión xa ten acadado un lugar destacado no panorama literario e cultural da provincia de Ourense. (Na fotografía, os premiados co xurado, ademáis do alcalde e o concelleiro de Cultura de Parada de Sil na entrega de premios correspondentes á edición de 2020). (Para ler o contido completo das bases, pulse na sección concursos no fondo desta mesma páxina).
OS CONCERTOS DE “NEØNYMUS” E “TANXUGUEIRAS” EN SANTA CRISTINA OBLIGARÁN Ó PECHE PARCIAL DO MOSTEIRO OS DÍAS 19 E 26 DE SETEMBRO
Os concertos de “NeØnymus” e o grupo “Tanxugueiras”, previstos para os días 19 e 26 de setembro, respectivamente, no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, provocarán o peche parcial do recinto nas devanditas xornadas, que irá dende as 16,00 ata as 22 horas en ámbolos casos. Con tal motivo as visitas ó mosteiro durante as mañás dos sábados 19 e 26 quedarán limitadas ó claustro e arredores, en tanto que a igrexa pechará pechada. Nas duas non se cobrará entrada polo acceso á parte visitable do recinto. A partires das 16,00 horas dos días 19 e 26, o tráfico rodado quedará cortado á altura da aldea de Castro. A circulación recobrará a normalidade a partires das 22,00 horas.
Polo que se refire ós concertos, o día 19 terá lugar o de “NeØnymus”, iniciativa e proxecto creado e alimentado por Silberius de Ura, nome artístico detrás do que en realidade se parapeta Jesús Silverio Cavia Camarero, nado en Bilbao e criado a cabalo entre a cidade vasca e o pobo burgalés de Ura, de onde procedía a sua familia. Na sua xuventude cursou estudos de solfeo e órgano, aínda que logo abandonou a formación académica para experimenta re aprender de modo autodidacta.
A través da sua actividade musical, Silberius conxuga en NeØnymus a música, o cerebro, a espiritualidade, a historia e a tecnoloxía. En 2010 deixou a empresa de deseño web da sua propiedade, para adicarse por enteiro á posta en marcha da experiencia á que agora adica toda a sua a enerxía, coa música como fío condutor.
Tanxugueiras, pola sua banda, que actuará o 26 de setembro no mosteiro, é un grupo de voz e pandeiretas integrado por Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, que adoitan introducir acompañamento de percusionistas alleos á formación, aínda que de recoñecida traxectoria musical como é o caso de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego). Con dous discos publicados (Tanxugueiras e Contrapunto, destacan pola sua capacidade de conexión co público nos diretos, coa que se fixeron un oco significativo no mundo musical galego, a pesares pouco tempo de funcionamento do grupo.
PARADA MELLORARÁ O CAMIÑO DE CASADOVENTO Ó MONTE DO ESPIÑEIRO CUN INVESTIMENTO DE 32.000 EUROS FINANCIADO CON FONDOS EUROPEOS
O concello de Parada de Sil levará a cabo a mellora do camiño que vai de Casadovento ó Monte do Espiñeiro, cun investimento de 31.928 euros, que será financiado cunha partida do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), que aportará o 75% do importe global (23.946 euros), así como do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e o Medio Ambiente (MAPAMA), que aportará o 7,5% (2.394,60 euros), e a Xunta de Galicia, que completará o 17,5% restante, cunha achega de 5.587,40 euros. A axuda concédese en réxime de concesión directa e os traballos deberán estar rematados o 4 de xuño de 2021.
A obra levarase a cabo nas anualidades de 2020 e 2021, cunha distribución do orzamento en 15.964 euros para cada unha delas. A iniciativa está contemplada para a mellora dos resultados económicos de todas as explotación agrogandeiras que se atopen na área de servizo e comunicación da vía a mellorar a través do presente proxecto, facilitando de paso a reestructuración e modernización desas explotación, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.
OS PERIGOS QUE PODEN ACARREAR ALGUNHAS ACTIVIDADES NO MÓBIL E O RECOÑECEMENTO ÁS MULLERES, CHEGAN ÁS ACTIVIDADES DE VERÁN
As actividades de verán acollerán o día 14 dde agosto duas actividades de interese xeral. A primeira desenvolverase baixo o título de “Non co meu móbil”, que atinxe a toda a sociedade, pero que está especialmente dirixida para os máis mozos emozas. A través dela estableceranse pautas para saber usar ben a internet e máis os termináis móbiles, para detectar e evitar casos de actividades tan perigosas e socialmente preocupantes como o “ciberbulling”, o “grooming” ou o “sexting”. Asimesmo, establecerase unha guía de ciberdelitos, para que os usuarios que se introduzan neste tipo de prácticas saiban o risco legal ao que se enfrontan no caso de ser descubertos.
O mesmo día tamén terá lugar unha iniciativa dirixida ó coñecemento e recoñecemento do labor realizado polas mulleres coidadoras de fillos, maiores ou dependentes, así como as dificultades é retos que deben afrontar as mulleres maiores ou con discapacidade. Está especialmente orientada a coñecer as diferentes realidades de tantas mulleres fortes e valentes na sua vida diaria.
Por outra banda, os días 19, 20 e 21 de agosto levarase a cabo o obradoiro de fotografía “Rompendo roles e estereotipos”, apto para todas as idades, no que se traballarán e establecerán os distintos estereotipos á hora de tirar unha fotografía. Os participantes plasmarán en imaxes o particular día a día cheo de roles á hora de inmortalizar cada imaxe.
“BRASSICA RAPA”, NO VERÁN CULTURAL 2020 EN PARADA DE SIL
O próximo sábado, día 18 de xullo, o Verán Cultural 2020 de Parada, ca organización do concello, traerá ó grupo “Brassica Rapa” é unha brass band nacida a finais do 2017, ca idea de darlle unha volta ao concepto de charanga na procura dun concepto evolucionado. A banda está formada íntegramente por rapazas, que tocan instrumentos de vento, metal e percusión e crean unha atmósfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da troula, nun sector abrumadoramente masculino.
O concello e o departamento de Cultura e Turismo animan á participación de veciños e forasteiros que queiran achegarse a Parada de Sil para disfrutar deste pasarrúas.