Rede Natura 2000 Canón do Sil
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais protexidos creado pola Unión Europea para conservar hábitats e especies de fauna, flora e fungos en risco de desaparición, asegurando ao mesmo tempo un equilibrio coas necesidades económicas, sociais e culturais da poboación local.
Hoxe podemos afirmar que a Rede Natura 2000 é unha das redes de espazos naturais protexidos máis extensas do mundo, e da que forma parte o Canón do Sil, como Zona de Especial Conservación (ZEC).
A conservación do Canón do Sil é unha labor de todas as persoas e entidades: administracións, veciños e veciñas de Parada de Sil, visitantes e toda a sociedade debemos colaborar de maneira activa na conservación deste espazo protexido, engadindo o noso gran de area na preservación deste patrimonio natural único e irrepetible.
Sabes como podes contribuír á conservación do Canón do Sil? Aquí deixámosche uns consellos para que a túa visita sexa o máis beneficiosa posible. E lembra: que o teu paso non deixe rastro!
· Accede aquí aos vídeos:
1.- Boas prácticas para o sendeirismo no Canón do Sil - Rede Natura 2000
2.- Boas prácticas para o cicloturismo no Canón do Sil - Rede Natura 2000
3.- Boas prácticas para a visita ao patrimonio natural no Canón do Sil - Rede Natura 2000
4.- Boas prácticas para a visita ao patrimonio cultural no Canón do Sil - Rede Natura 2000
· Aquí podes decargarte: Guía das boas prácticas na natureza na Rede Natura 2000 de Parada de Sil
· Aquí podes descargarte: Catálogo de árbores senlleiras de Parada de Sil.
· Aquí podes descargarte: Mapa de lugares de interese e uso público na Rede Natura 2000 de Parada de Sil.