Concursos
CONCURSOS
-
gadis: o meu entroido é o mellor!
Parada de Sil é o corazón da Ribeira Sacra. Asómase ao Entroido ourensán desde o Miradoiro do Monte Meda, vestido de ANXEOS. As súas xentes: maiores, mozos e cativos, nesta festiva e brincallona época do ano, visten traxes que os tapan da cara ata os pés. Feitos de antigos “sacos anxeos” das patacas, das castañas e mesmo do café en grao. Van nunha carroza polas diferentes parroquias do concello divertíndose cos seus veciños e veciñas, nun ambiente de festa, confraternidade e rodeados de boas viandas que son ofrecidas aos “Anxeos” polos seus habitantes. Ao final do percorrido, veciños e Anxeos reúnense ao redor dun bo cocido galego...regado por un Mencía da Ribeira Sacra e remantando o xantar con baile e con bica de castaña molladiña en licor café artesán da zona.
-
DE MICRORRELATOS
-
DE FOTOGRAFÍA
Ver díptico en PDF