PR-G 177 · Canón do Río Mao

Concello: Parada de Sil

Homologada: Sí

Lonxitude: 16.5 km

Punto de partida/chegada: A Fábrica dá Luz

Dificultade: Media

Duración: 6 horas 30 minutos

Servizos: Restauración, aloxamento, cámping e Centro de Saúde en Parada de Sil. Albergue da Fábrica da Luz, en Barxacova.

Acceso en bicicleta: Non apto

Cartografía IGN 1:25.000 nº 189-III Parada de Sil

A Fábrica dá Luz

Latitude/Lonxitude 42° 22.460’N/ 7° 29.828’W

UTM 29T X:623733 E:4692432

 

San Lorenzo de Barxacova

Latitude/Lonxitude 42° 22.631’N/ 7° 30.366’W

UTM 29T X:622992 E:4692731

Desde Ourense pola OU-536 dirección Trevinca. Tras pasar Valilongo coller o desvío pola OU-CV-303 dirección Cristosende. Desde Cristosense, dirección Parada de Sil, pouco despois de cruzar o río Mao atópase o albergue da Fábrica da Luz. Seguindo pola mesma estrada, máis adiante está sinalizado o desvío a San Lourenzo.

Desde Parada de Sil pola OU-0605 dirección A Teixeira, seguindo a estrada ata chegar ao desvío cara a San Lourenzo ou ao albergue da Fábrica dá Luz.

Percorrido: Fábrica dá luz, Barxacova, San Lourenzo de Barxacova, Forcas, San Lourenzo de Barxacova, Fábrica dá Luz

Sinalización: Roteiro sinalizado en novembro de 2014.

Puntos de interese contorna:

Capela e necrópole de San Vítor de Barxacova, Ponte mediaval de Conceliñas, Antiga canle de central hidroeléctrica, pasarela do Mao, Fábrica Luz.

Espazos Naturais: O roteiro atópase no espazo Rede Natura do Canón do Sil

 

M.I.D.E.

Medio: 2

Itinerario: 2

Desprazamento: 3

Esforzo: 3

Este roteiro circular pódese realizar partindo da Fábrica dá Luz (16,5 km roteiro completo) ou de San Lourenzo de Barxacova, percorrendo só a parte sur do roteiro (11,5 km) e evitando así as pendentes máis pronunciadas.

Desde a Fábrica dá Luz percorreremos o Cañón do Mao, por un tramo de pasarelas de madeira, ata chegar á desembocadura do Mao no Sil e á aldea de Barxacova. Aquí comezaremos o ascenso a San Lourenzo de Barxacova, e continuaremos cara á Miranda e Forcas, pobos de montaña situados no alto do roteiro.

Desde Forcas regresaremos ao río Mao, onde poderemos visitar a ponte medieval de Conceliñas. Seguiremos durante un tramo a canle nova para chegar a Canle Vella (a canle vella) que nos levará en dirección á necrópole de San Vítor. A partir de aquí só nos queda volver a San Lourenzo de Barxacova para descender por unha forte pendente ata A Fábrica dá Luz.

 

Descarga o folleta da ruta >

Parada de Sil
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.