Abandonamos Parada do Sil polo lugar coñecido como Fondodevila e dirixímonos cara ao “Foxo do Lobo” a través dun camiño de carros ou carriozas atopándonos con varios secadeiros de castañas coñecidos como sequeiros.
A través dunha pista en moi bo estado, o ciclista alcanza o miradoiro de Os Torgais e, a continuación, o lugar coñecido como “Balcóns de Madrid”. Trátase dun extraordinario miradoiro desde onde os comerciantes ambulantes de barquillos, unha profesión con gran tradición en toda a Ribeira Sacra, despedíanse das súas familias. Estes veciños de Parada de Sil adoitaban dicir ao partir que “se ían a Madrid”. E de aí o nome dun dos emprazamentos máis extraordinarios para contemplar os Canóns do Sil.
Tras un descenso por un camiño empedrado, chégase a Portela. Unha pista asfaltada sobe ata a capela de San Antón e tras cruzar a estrada que se dirixe ao mosteiro de Santa Cristina, continúa ata a aldea de Santa Mariña. Este tramo compártese en sentido oposto co Roteiro 3 “Circular de Parada de Sil”, polo que se recomenda prestar precaución.
O mosteiro de Santa Cristina é un dos centros espirituais con maior encanto da Ribeira Sacra polo que se recomenda a súa visita. A partir do ano 1508 é cando tamén lle podemos engadir o apelido de “Ribas de Sil” porque pasa a formar parte do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil como priorado. Aparte da historia que gardan os seus muros, destaca a impresionante igrexa de estilo románico, con retrincos do gótico.