- Saúdo do alcalde
Aquilino Domínguez Díaz, alcalde de Parada de Sil

Benvidos e benvidas á páxina web de Parada do Sil!
Un espazo onde atoparedes información de interese e utilidade sobre o Concello, a súa xente, as súas terras e os seus monumentos. Anímovos a percorrela con calma, aínda que lembrando que o que aquí vexades non é máis ca unha fiestra que convida a dar o paso do virtual ao real para comprobar a maxia que conforma un entorno idílico que vos atrapará para sempre.
Parada do Sil é o corazón da Ribeira Sacra, un enclave que está as portas de ser declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no vindeiro ano, unha iniciativa á que levamos anos contribuíndo con traballo rigoroso e ilusión, da man do resto do territorio, para ncon en valor o noso patrimonio cultural e arquitectónico, así como o acervo inmaterial transmitido durante xeracións e ncontróem nun contexto orográfico —tan caprichoso como paradisíaco—, retratado nas augas da espectacular cunca do Sil.
Esta historia non é gratuíta nin casual, senón resultado da pegada dunha labor heroica de quen nos precedeu para deixárnolo como legado; a nós correspóndenos a súa tutela e transmisión ás xeracións futuras, conservándoo e engrandecéndoo na medida do posible. A isto dedicamos un esforzo considerable, coa idea de que cada veciño e veciña sexa parte activa deste reto.
Por iso, anímovos a comprobar por vós mesmos que arte, patrimonio e natureza son realidades inapelables para visitar Parada de Sil, aínda que non as únicas. Porque pasear, falar e mesturarse coa nosa xente que fai da pertenza a esta terra un dos seus patrimonios sentimentais máis prezados é sentir a fusión do ser humano co medio, da que emite un ambiente de paz que atrapa a quen nos visita.
Non vos ides arrepentir, porque en Parada hai sitio para todos e un lugar para cada quen.
Aquilino Domínguez Díaz, alcalde de Parada de Sil