
O Concello de Parada de Sil informa da concesión dunha subvención nominativa do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) para o ano 2026, destinada ao desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística de Parada de Sil.
Importe da subvención: 7.000,00 €
Esta achega económica destínase ao financiamento do Servizo de Lanzadeira a Santa Cristina, co obxectivo de facilitar o acceso a este enclave patrimonial, promover unha mobilidade sostible e contribuír á conservación do contorno natural.
Esta actuación reforza o compromiso do Concello de Parada de Sil cun modelo turístico responsable, que favoreza a conservación do medio, a posta en valor do patrimonio histórico e cultural e o desenvolvemento económico local.
