- Turismo Rural e gastronomía
Parada do Sil é un destino ideal para quen busca natureza, tranquilidade e sabores con identidade. O concello ofrece unha ampla variedade de aloxamentos adaptados a todos os gustos: casas rurais, vivendas de uso turístico, albergues, pensións, apartamentos, cabañas, hoteis ou zonas para caravanas. Xunto a esta oferta, os restaurantes da zona completan a experiencia con cociña caseira elaborada con produtos de proximidade e tradicións locais. Un lugar perfecto para desconectar e vivir a esencia da Ribeira Sacra.