XIII CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA · PARADA DE SIL 2025

O Concello de Parada de Sil convoca a XII edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA–PARADA DE SIL 2025.

Os autores ncon en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión ao contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.

Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.

 

A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

 

A data de entrega finalizará o 27 de marzo de 2025. Non obstante, o certame considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se alcancen os mil relatos.

 

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para o caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembramos que todos os microrrelatos deben ir acompañados dunha PLICA (Nome do traballo) que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, enderezo postal COMPLETO, correo electrónico e teléfono, título completo do microrrelato + 1 DECLARACIÓN XURADA ASINADA conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

 

Se a PLICA non contén todos os datos completos e a DECLARACIÓN XURADA non está asinada ou acompañada no seu caso de copia do Documento Nacional de Identidade polas dúas caras: non se admitirá o microrrelato.

BASES DO CONCURSO AQUÍ:

Parada de Sil
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.