.
Sábado, 10 Xuño 2023 13:55

TRISTÁN TÉLLEZ, O TEU XOGO ONLINE NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

 
O Concello de Parada de Sil, en colaboración coa plataforma Tristán Téllez , pon en marcha este evento online para resolver o argumento do primeiro capítulo que se desenvolve no Mosteiro de Santa Cristina.
 
Lembramos que este é un xogo onde o menos importante é a capacidade de manexo. Pretendemos fomentar a lectura, espertar o espírito crítico da actualidade, afondar no coñecemento da historia (xeral e local), da ciencia e da filosofía. Todo isto envolto nunha trama novidosa salpicada de guiños de humor na que a comprensión dos textos é a única ferramenta para avanzar. E, por suposto, nun marco incomparable como é o Mosteiro de Santa Cristina, do que o xogo permitirá coñecer fragmentos importantes da súa historia, sendo o xogo polo tanto un instrumento importante para a diculgación e maior coñecemento desta xoia arquitectónica.
 
 
Qué precisas?: Para xogar só se necesita un PC, rexistrarse na web e descargar a aplicación do xogo e comprobar que funciona no teu ordenador porque está feito para Windows e cunhas mínimas necesidades de hardware.
 
Cando?: A partir das 12:00 horas do día 17 de xuño a aplicación poderá descargarse na páxina web do concello www.paradadesil.es ou na plataforma www.tristantellez.es.
 
Data límte de participación: O acto concluirá o 25 de xuño ás 22:00 hrs.
 
Calquera persoa maior de idade pode xogar e, a primeira que sexa capaz de seguir as pistas do xogo e atopar a solución, conseguirá un premio de 5.000 euros e unha estadía de fin de semana nun establecemento hoteleiro de Parada de Sil.
 
 

 

Regístrate Juego de Tristán

 

 

 
 
Requisitos técnicos mínimos:
 
SO: WINDOWS® 10 (64-BIT Required)
Procesador: Intel® Core™ i5-4460 or AMD FX™-6300 or better
Memoria: 8 GB de RAM
Gráficos: NVIDIA® GeForce® GTX 960 or AMD Radeon™ RX 460
DirectX: Versión 12
Almacenamiento: 3,54 GB de espacio disponible
 

BASES DO CONCURSO E XOGO TRISTÁN TÉLLEZ

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas TRISTÁN TÉLLEZ, O TEU XOGO ONLINE NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA