Concello
.

Saúdo Alcalde

SAÚDO DO ALCALDE


 

 

Benvidos/as á páxina web de Parada do Sil, onde atoparedes información de interese e utilidade sobre o concello, as súas xentes, as súas terras e os seus monumentos.  Invítovos que a vexades con detemento, aínda que facendo notar que o que aquí atopedes non é máis que unha xanela que invita a pasar do virtual ó real para comprobar a máxica realidade conformada por un entorno idílico que vos enganchará para sempre.

Parada de Sil é o corazón da Ribeira Sacra, enclave que está ás portas de ser declarado Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco para 2021, unha iniciativa á que ten aportado un traballo rigoroso e ilusionado durante anos co resto do territorio para por en valor o seu patrimonio cultural e arquitectónico, ademais do acervo inmaterial, con vivencias traspasadas durante xeracións e desenvolvido nun contexto paradisíaco, pola caprichosa orografía,  retratado nas augas da espectacular conca do Sil.

Esta historia non é gratuíta nin casual, senón resultado do traballo heroico realizado por quenes nos precederon para deixalo como legado; a nós correspóndenos a súa tutela para pasarllo ás xeracións vindeiras conservado e incrementado ata onde sexa posible. A elo estamos adicando un considerable esforzo, na procura de que a propia veciñanza se converta en parte activa deste reto.

Por elo, anímovos a que comprobedes por vós mesmos que arte, patrimonio e natureza son argumentos inapelables para xustificar unha visita, mais non os únicos, pois pasear, falar e mesturarse entre as xentes que fan da pertenza a esta terra un dos seus patrimonios sentimentais mais prezados, da a medida exacta da mimetización do home co medio da que irradia un ambiente de paz que atrapa ó viaxeiro.

Non vos arrepentiredes; en Parada hai sitio para todos e un lugar para cada un.

Aquilino Domínguez Díaz, alcalde de Parada de Sil

 
 
 
 
 
 
Vostede está aquí: Home Concello Saúdo Alcalde