.
Sábado, 06 Maio 2023 15:45

NOVO PARQUE BIOSAUDABLE NA ÁREA RECRETIVA "OS TORGÁS"

 

 

        

 

O Concello de Parada de Sil instalou recentemente un parque biosaudable na área recreativa Os Torgás

 

O parque está formado por 5 elementos conforman un circuíto básico que mellora a mobilidade dos membros inferiores, dándolle coordinación e equilibrio ao corpo, e aumenta a capacidade pulmonar.

O uso dos parques biosaudables teñen numerosos beneficios:

  • Neles, facemos exercicio ao aire libre, o que mellora o noso ánimo e a nosa autoestima.
  • Axúdanos a ter mellores niveis de vitamina D, moi importante para ter uns ósos e defensas fortes.
  • É bo para a respiración, a circulación, prevén lesións e fai que nos recuperemos delas moito antes etc.
  • Traballamos a nosa memoria e atención, dános alegría e vitalidade e axúdanos a ser persoas máis autónomas.
  • E coincidimos cos nosos veciños e veciñas, así que ademais de realizar exercicio, é un momento para desfrutar da socialización.

A esta actuación destinouse un orzamento de 20.000 €, que se acolleu ás axudas para a promoción de estilos de vida saudables a través da creación ou rehabilitación de contornas.

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas NOVO PARQUE BIOSAUDABLE NA ÁREA RECRETIVA "OS TORGÁS"