.
Xoves, 30 Novembro 2023 16:29

REMATE DA EDICIÓN 2023 DO SERVIZO DE "Promoción da Igualdade de Parada de Sil “

Servizo de "Promoción da Igualdade de Parada de Sil” programa financiado coa axuda da Unión Europea

Cos obradoiros damos por rematada a edición deste ano do servizo de "Promoción da Igualdade de Parada de Sil “que achegou actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero a este concello.

Trátase dun proxecto subvencionado con 5.940,00 € pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027

Realizáronse actividades de empoderamento, que son por definición "espazos para as mulleres" polo tanto ademais de dar continuidade a un servizo ben acollido nos últimos anos, quixemos que as mulleres mais vulnerables atopasen unha razón para saír da súa casa e de certas rutinas negativas, para recuperar ilusión, atopar un espazo seguro no que compartir experiencias positivas, desfrutar con outras mulleres, e sobre todo gañar poder e autoestima.

As participantes manifestaron un alto nivel de satisfacción,  incrementamos o número de mulleres interesadas nos servizos, e melloramos a situación persoal, social e mesmo contribuímos a mellora das súas posibilidades laborais.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas REMATE DA EDICIÓN 2023 DO SERVIZO DE "Promoción da Igualdade de Parada de Sil “