O Pleno municipal do Concello de Parada de Sil, na súa sesión ordinaria do 13 de maio
de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias
municipais do Concello de Parada de Sil para delimitación no núcleo rural de Regueiro,
redactada por Manuel Durán Arriero con data de outubro de 2019.
Tanto o instrumento de planeamento coma o expediente sométense a información publica
durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en
dous dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 78
da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio
no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.
O expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello
(www.paradadesil.es), e mediante a consulta nas oficinas deste concello, de luns a venres,
das 9.00 ás 14.00 horas.
Co acordo de aprobación inicial suspéndese a tramitación das licenzas de parcelación,
edificación e demolición da área afectada (núcleos de San Adrián e O Pombar da Granxa),
durante o prazo máximo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial deste
instrumento de ordenación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de
Galicia.
Parada de Sil, 15 de maio de 2020. Aquilino Domínguez Díaz, alcalde
Para consultar o expediente, premer a continuación. files/MODIFICACION_PUNTUAL_DAS_NNSS_NO_NUCLEO_DE_REGUEIRO.pdf